Eleccións 2019, O PP presentou aos candidatos da zona norte

0

Arzúa, 8 de outubro do 2018 – O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, deu a coñecer esta fin de semana aos candidatos populares ás alcaldías dos concellos de Boimorto, Frades, Melide, Ordes, O Pino, Tordoia, Touro, Trazo, Arzúa, Oroso, Santiso e Toques nas eleccións municipais do ano 2019.

Nun acto celebrado en Arzúa, e acompañado do vicesecretario xeral de Organización e Territorio e director de campaña para as municipais, Evaristo Ben, e da conselleira Ánxeles Vázquez, Calvo reivindicou a figura e a maneira de facer política dos alcaldes do Partido Popular “fronte aos das pancartas, os berros e os que sempre teñen o non na boca”. “Nesta comarca temos bos exemplos do que vos estou dicindo en Boimorto, Frades, Melide, Ordes, O Pino, Tordoia, Trazo e Touro, concellos nos que os seus rexedores aplican a mellor de todas as receitas a de ‘falar facendo’, traballar de xeito conxunto cos veciños para xerar máis oportunidades e solucionar os problemas, e deixando de lado a confrontación, os discursos baleiros e as campañas que prometen moito pero non conseguen nada”, dixo o popular.

María Jesús Novo Gómez en Boimorto, Roberto Rey Martínez en Frades, Dalia García Couso en Melide, José Luís Martínez Sanjurjo en Ordes, Manuel Taboada en O Pino, Antonio Pereiro en Tordoia, José Dafonte en Trazo, Ignacio Codesido en Touro, Rafael Rivadulla en Arzúa, Alexander Doval en Oroso, Matilde Pallares en Santiso  e José Antonio Castro Fraga en Toques son os elixidos. Diego Calvo dixo mostrarse convencido de que con estes candidatos  dentro de oito meses a comarca de Santiago volverá deixar claro que “é do PP e gústalle como xestiona o PP. En lugar das oito alcaldías que temos hoxe imos  conseguir as doce” en referencia aos municipios de Oroso, Arzúa, Santiso e Toques onde os populares non gobernan na actualidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial