Eleccións Municipais 2019: Alternativa Ames comeza unha recollida de firmas para presentarse como agrupación de electores

0

Ames, 15 de abril do 2019 – Ao saturado panorama político de Ames podería sumarse unha formación máis, Alternativa Ames, se consegue recoller as firmas necesarias para presentarse como agrupación de electores.

Desde hai tempo Alternativa Ames ten unha páxina de facebook na que publica de cando en vez novas e denuncias do concello. Según explican nun comunicado de prensa “Somos unha formación veciñal, nas súas orixes as nosas intencións foron a creación dunha formación política, sen perder as nosas orixes como movemento veciñal. Xurdimos como unha opción diferenciada doutras propostas existentes. Levamos dous anos e medio traballando nas demandas de veciñas e veciños, a maioría delas foron resoltas. Buscamos a eficacia no día a día por encima dos partidos políticos”.

Polo momento a cabeza visible é o seu representante e portavoz José Luís Calo, veciño do Milladoiro. Agora atópanse recollendo as firmas necesarias para poder presentarse como agrupación de electores. Según din “na nosa Agrupación ten cabida calquera persoa con vocación de colaboración social. Búscase o ben común por encima do persoal”. Para máis información dan tamén o teléfono 604 00 00 12.

José Luís Calo

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial