займ срочно

Eleccións municipais 2019: campaña día 2

0

Eleccións, 11 de maio do 2019 – A campaña electoral quedou embazada pola morte de Alfredo Pérez Rubalcaba. Os actos de tódolos partidos, excepto Vox, foron cancelados este venres e o Psoe ampliou esa cancelación ata este serán despois do enterro do político.

Santiago

Na campaña o BNG, con Goretti Sanmartin á cabeza, presentou un programa destinado a mellorar a calidade de vida e que parte das propostas da veciñanza. “É un programa completo que toca ámbitos como emprego e ensino, cultura, lingua e memoria histórica, mobilidade e seguranza viaria, xestión do rural, ambiental, transparencia, cun foco especial en políticas de igualdade e feminismo, un novo modelo de turismo, entre outros”, explicou a integrante da lista Navia Rivas.

Compostela Aberta pola súa banda presentou o primeiro dos “trece retos para gañar máis futuro para Santiago”, nos que Compostela Aberta resume o seu programa electoral. Martiño Noriega, candidato, e Xan Duro, número 7 da lista, explicaron a intención de remunicipalizar o servizo da auga “porque a xestión directa é máis eficiente, transparente e sostible, e porque este é un ben fundamental das persoas, un dereito que non debera estar sometido ás regras do mercado”.

Polo Partido Popular Agustín Hernández segue presentando cláusulas do seu “contrato coa cidade” e en este caso promete 7 novas áreas de aparcamentos disuasorios. Hernández explicou que a proposta Popular ofrecerían algo máis de 600 prazas, o que equivalería a case duplicar a oferta que na actualidade é de 800 prazas. Serían dúas en Fontiñas, outras dúas na contorna de Sar, dúas máis entre Pontepedriña e Conxo e unha sétima a medio camiño entre a área de Santa Marta e o da Avenida de Ferrol.

Finalmente o Psoe de Xosé Sánchez Bugallo presentou as medidas sobre mobilidade incluídas no programa electoral. Son 27, agrupadas baixo o epígrafe “A cidade a

escala humana”, e divididas en 3 eixos: a priorización do uso peonil, a incorporación progresiva da bicicleta, e o transporte urbano. Máis en concreto, destacou “a necesidade urxente de licitar un novo contrato de transporte urbano, o actual está xa vencido, para que entre en vigor no ano 2021”; e a creación dun Consorcio Metropolitano de transportes para a conexión dos núcleos rurais que non se poidan integrar no transporte urbano.

Axenda

BNG

Goretti Sanmartín participa as doce do mediodía nun acto en Compostela baixo o título “40 anos de nacionalismo no concello de Santiago” no que intervirán concelleiros das corporacións desde 1979 ata hoxe en día.

Compostela Aberta

Martiño Noriega, Xan Duro e Concha Fernandez estarán as oito da tarde en Laraño e as nove e cuarto en Figueiras. Pola súa banda Marta Lois, Rafa Peña e Jorge Duarte estarán as oito da tarde en Marantes e as nove e cuarto en Nemenzo.

PP

Non temos previsións polo momento, se incorporarán en canto cheguen

Psoe

O partido socialista como xa dixemos suspendeu os actos. O Luns Sánchez Bugallo participará en dous debates ao longo da xornada.

Bisbarra

Seguen as presentacións de candidaturas na campaña da bisbarra e unha das últimas foi a de Unión x Ordes. A discoteca LP45 acolleu a presentación de todos e cada un dos candidatos da renovada lista. Manuel Iglesias, actual concelleiro e número 3 da candidatura, e a profesora Alba Regos como coordinadora de campaña e número 2, explicaron de forma máis pormenorizada o programa de goberno que Unión por Ordes presenta para 2019-2023. Cerrou o acto Manuel Regos agradecendo a todos e cada un dos membros que formaron Unión por Ordes dende o seu inicio. Regos agradecía de forma especial a súa familia e ós 26 compañeiros e compañeiras que o acompañaban na candidatura.

O Psoe de Val do Dubra tamén fixo a súa presentación e o candidato Diego Luis Díaz falou dun “equipo renovado, unido, de xente ilusionada e preparada para facer posible o cambio que Val do Dubra precisa”. Xunto a el estiveron a deputada Pilar Cancela, o portavoz do PSdeG no Parlamento de Galicia, Xaquín Fernández Leiceaga e o secretario xeral de Xuventudes Socialistas, Aitor Bouza.

No primeiro encontro coa veciñanza o candidato do Partido Popular de Teo, José Manuel Guerra, anunciou a posta en marcha dun Pacto pola Paisaxe que sexa capaz de poñer en valor as zonas verdes coas que conta o municipio como a zona da Burga-Xirimbao. O seu plan de sendeiros verdes incluirá importantes actuacións en Montouto-Cacheiras e Calo, no Río Tinto.

O BNG de Ames presentou o #ProgramaEnMarcha. O candidato e actual concelleiro de Educación e Cultura David Santomil e compoñentes da súa lista subíronse ao autobús no núcleo urbán de Bertamiráns realizando o traxecto ata O Milladoiro para reivindicar a ampliación desta ruta. O do BNG reivindica un transporte público con máis frecuencias e mellores horarios, recuperando o noitebús, incidindo en novas rutas para o rural, e esixindo á Xunta un plan de transporte metropolitano para Ames.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies