Eleccións Municipais 2019: ComposTeo?

0

Bisbarra, 8 de maio do 2019 – A proposta de Compostela Aberta e Son de Teo de comezar un proceso de fusión de ambos os dous concellos cambia o decorado preelectoral das eleccións municipais.

Os alcaldes e candidatos Martiño Noriega e Rafa Sisto presentaron pola mañá en rolda de prensa, e pola tarde en debate aberto, unha proposta que pretender concretar antes dun ano nun convenio. Insistiron en que é o momento de facela, xunto antes das eleccións. porque si manteñen os resultados de hai catro anos iso os lexitimará para seguir adiante coa idea.

Necesidade real

A proposta parte da realidade de que a normativa legal non facilita as colaboracións entre concellos. Poñen como exemplo o parque de bombeiros comarcal; chegouse, despois de dous anos de traballo, a un consenso entre concellos, Deputación e Xunta e o goberno central dixo que non  era posible dentro do marco legal.

En esta situación, unha administración non adaptada ao territorio, a proposta é adaptar o territorio a administración.

Rafa Sisto, alcalde de Teo, explicaba tamén que os veciños do seu concello fan vida en Compostela pero non teñen capacidade de decidir sobre ningunha das cuestións da cidade. Como exemplo puxo a remodelación das liñas urbanas de bus que poden afectar aos Tilos pero sobre a que os que viven alí non poden dicir nada.

Descentralizar servizos

O proxecto de fusión pasa por establecer un distrito que xestione os servizos do concello e teña unha certa autonomía económica. Pénsase tamén na necesidade de descentralizar outras partes de Compostela como os antigos concellos de Enfesta ou Conxo, non na mesma medida pero si cedendo algo de control. Búscase que os veciños teñan a administración máis cerca da casa e non teñan que acudir ao centro cada vez que precisan arranxar algo.

Melloría económica

A normativa actual favorece as fusións e contempla un incremento dun dez por cento nas axudas para este tipo de accións. Pero a fusión suporía que Compostela pasaría dos cen mil habitantes e Teo dos vinte mil, colocaríase como a terceira cidade de Galicia polo que o financiamento sería distinto, especialmente para Teo.

Teo recibe agora cartos do estado en función da poboación. Si se fusionara pasaría a financiarse como gran cidade, polo IRPF. Dase a circunstancia de que é un dos concellos que máis recada por ese concepto en toda Galicia.

A última palabra os veciños

A idea está plantexada e os resultados do 26 de maio marcarán que camiño segue; ambos os dous alcaldes insisten en que seguirán adiante tanto se gobernan como si pasan a oposición porque o consideran a única solución.

A normativa para as fusións prevé un referéndum antes de que sexa aprobada e, antes diso, terá que aprobarse en pleno. Rafa Sisto e Martiño Noriega insistiron en que se trata de sentarse en negociar, falar e propoñer e a volta dun ano ver que se conseguiu e si é factible.

Ante as acusacións de electoralismo o teñen claro “non debe de ser tan electoralista cando estamos sós en esta proposta, non vemos que ninguén se sume”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial