займ срочно

Eleccións municipais 2019: día 4

0

Bisbarra, 13 maio 2019 – Seguen as presentacións de candidaturas e de ideas en toda a bisbarra, imposible cubrir todo o que suce así que isto é algún resumo do que nos vai chegando.

En Compostela o BNG falou de infraestruturas que deben deseñarse, según explican,  “con criterios de funcionalidade, capacidade e calidade, de sustentabilidade ambiental e de integración na estrutura urbana”, A candidata á Alcaldía Goretti Sanmartín se compromete a revitalizar o Consello Económico e Social “para que adopte un papel activo da demanda das grandes obras pendentes doutras administracións”. “Compostela, como centro dunha ampla comarca, debe encabezar a coordinación e optimización de servizos e políticas públicas que poidan ter un carácter supramunicipal como o urbanismo e planificación de infraestruturas de comunicación ou a prestación de servizos públicos como o abastecemento, auga, depuración de vertidos, eliminación de residuos ou transporte”, explicou. “Santiago precisa dotarse de infraestruturas para ser unha área económica con mellores servizos para a súa veciñanza”, engadiu.

Compostela Aberta presentou as medidas relacionadas con mobilidade  coa presenza de Martiño Noriega e Jorge Duarte. É o segundo dos trece retos cos que a formación se presenta ás eleccións do próximo día 26 Noriega explicou que “queremos aproveitar a transformación urbanística de Santiago para mudar os usos dos espazos urbanos, para facer unha cidade máis amable coas persoas, e para repensar a mobilidade con alternativas ao vehículo privado”. Trátase, apuntou, “de continuar coa liña marcada neste mandato, no que apostamos por pacificar o tráfico nun punto conflitivo da cidade como é San Francisco, ou por viabilizar a ansiada peonalización de San Pedro despois de anos e anos de moitas promesas ao respecto e ningunha viabilización”. Ademais, Martiño Noriega apuntou que “os nosos esforzos irán dirixidos a ter adxudicado o novo servizo de transporte urbano no primeiro ano de mandato, despois dunha licitación moito máis complexa do que todas agardabamos, e na que nos atopamos multitude de atrancos”.

O PP pola súa banda anunciou que impulsara un programa de acompañamento para as persoas maiores. Máis do 20% da poboación de Santiago ten máis de 64 anos e moitas desas persoas viven soas. O proxecto “Maiores sen reparos: Acompañar a soidade” busca paliar o illamento emocional e social con asistencia colaborativa e poñer en valor a experiencia dos maiores como un ben colectivo. A medida irá acompañada doutras para as persoas maiores, como un censo municipal para detectar as necesidades, un centro interxeracional , a introdución do programa “xantar na casa” e do “cohousing” ou aloxamentos compartidos.

O candidato popular, Agustín Hernández mantivo tamén unha reunión coa Asociación Cívica Composcleta para coñecer a súa proposta para unha vía ciclista e peonil que una Santiago co Milladoiro. Esta iniciativa suporía a conexión de ambos núcleos o que facilitaría o desprazamento tanto a pé, como en cadeira de rodas, en bicicletas ou en vehículos para persoas de mobilidade reducida, o mesmo que facilitaría o acceso peonil

O Psoe tamén falou de mobilidade. O candidato á alcaldía de Santiago,Xosé Sánchez Bugallo, presentou as medidas incluídas no programa electoral. Son 27, agrupadas baixo o epígrafe “A cidade a escala humana”, e divididas en 3 eixos: a priorización do uso peonil, a incorporación progresiva da bicicleta, e o transporte urbano. Isto a nivel xeral. Máis en concreto, destacou “a necesidade urxente de licitar un novo contrato de transporte urbano, o actual está xa vencido, para que entre en vigor no ano 2021”; e a creación dun Consorcio Metropolitano de transportes para a conexión dos núcleos rurais que non se poidan integrar no transporte urbano.

Para Sánchez Bugallo, o uso peonil debe ser priorizado “porque non é contaminante e é saudábel”. E debe ser acompañado, di, pola incorporación progresiva da bicicleta. Lembrou que no ano 2010 había 10 estacións municipais de bicicleta, e outras 6 da Universidade. “Desgraciadamente, sinala, alguén tomou a decisión de abandonar ese sistema e non se volveu recuperar. “Creemos que hai que recuperar ese sistema. Nos diferentes ámbitos, hospitais, universidade, barrios, debe haber estacións de bicicleta”. Tamén é preciso, explicou, “recuperar circuítos de bicicleta”, e xeralizar as zonas 30, a todo o casco urbano”.

Bisbarra

Melide acolleu a presentación da formación Adiante Melide. Liderada por Xoxé Manuel Pérez, ex concelleiro do BNG en Oroso, explicaron que esta campaña “vai ser especial, esta vez non se trata de partidos e políticos, senón dos melidenses tomando a palabra e poñendo fin a ineficacia e o desgoberno”. Din presentar “un equipo que está preparado para, a partir do 26 de maio, comezar a gobernar e aplicar punto por punto un programa político que poña orde e solucione as demandas que os melidenses levan anos reclamando”

O Psoe presentou as candidatura de Trazo, con Beatríz Dominguez á cabeza, e O Pino, liderada por Oscar VIlar.

O PSdeG-PSOE de Trazo presentou a Beatriz Domínguez Siaba como candidata á alcaldía. Nun acto no que estivo acompañada pola deputada no Congreso Pilar Cancela, Beatriz Domínguez afirmou que o PSOE preséntase a estes comicios como “a forza do cambio en Trazo, a única capaz de sacar ao noso concello do atraso e o caciquismo. A oposición seria e responsable do PSOE provocou a saída de Dafonte e o fin do ciclo do PP en Trazo”, afirmou a candidata, que pediu o apoio “da maioría social para facer posible o cambio que Trazo precisa” o vindeiro 26 de maio.

O Partido Socialista do Pino presentou tamén a súa lista de candidatos “Unha lista feminista, independente, de xente moza e sobradamente preparada capaz de transmitir e devolver a ilusión aos votantes do concello”. Con estas palabras a definiu Óscar Vilar Chento, cabeza de cartel e líder da oposición no Concello do Pino nestes últimos cinco anos. O acto tivo lugar en Arca na tardiña deste pasado sábado. Concretamente no auditorio Luis Seoane. Alí centos de veciños e veciñas arrouparon aos candidatos e candidatas. De primeira man tiveron a oportunidade de escoitar da voz dos once integrantes as liñas básicas dun programa “ambicioso, viable, e crible co que se pretende cambiar este municipio  tras máis de vinte anos dirixido pola mesma xente”.

O BNG da Estrada presentou unha das propostas sobre patrimonio, a recuperación da Torre e Pazo de Guimarei que para os nacionalistas “simbolizan o estado no que se atopa o patrimonio cultural e histórico no noso concello. está completamente abandonado e a monte, como moi ben pode apreciar calquera veciño ou veciña da Estrada que se achegue a esta parroquia da Estrada”, afirmou o candidato do BNG á alcaldía, Xosé Magariños, que realizou con membros da lista un acto reivindicativo ao pé da Torre de Guimarei.

Si pertences a un equipo electoral e queres mandarnos a informacion dos vosos actos podes contactar con nos en redaccion@lindeiros.gal

Axenda

Santiago

O BNG ten hoxe un acto as oito e media da tarde no Local Social de San Lourenzo no que participan Goretti Sanmartí, Navia Rivas e Rubén Cela.

Compostela Aberta celebra un acto aberto as cinco no local da formación en Alfredo Brañas para presentar as medidas relacionadas co deporte. Ademais as oito da tarde, na rúa Espiritu Santo, acto aberto coa veciñanza do barrio das Marías. Participan o veciño do barrio e candidato número 11, Miguel Penas, a número 8, Concha Fernández e Martiño Noriega. As 20 horas no Local Social da AV Monte do Gozo (San Lázaro) Acto aberto coa veciñanza coa número 4 da candidatura, Marta Lois, o número 9, Álex Botello e a concelleira e número 10, Noa Morales. E as 21h30 no Centro Cívico da Almáciga acto aberto coa veciñanza. Participan a veciña do barrio e candidata, Pilar Pérez, a número 8, Concha Fernández e Martiño Noriega.

Hoxe hai ademais distintos debates na Radio Galega e na Cadena SER.

Bisbarra

Entra na bisbarra unha candidata ao Parlamento Europeo como Lidia Senra que estará as doce en Touro. A eurodeputada galega estará acompañada pola vicevoceira de En Marea, Ana Seijas, e por membros da candidatura de Marea Veciñal de Touro. Visitarán a aldea de Arinteiro, principal afectada do proxecto mineiro de Touro-O Pino, e reuniranse con membros das asociacións e veciñanza que están en contra do proxecto da megamina nos concellos de Touro e O Pino.

As nove da noite o Psoe de Melide ofrece unha Conferencia-coloquio ‘Economía e Emprego no futuro de Melide’ na Sala de Conferencias do Edificio Multiusos. Intervirán Valentín González Formoso, secretario xeral provincial e presidente da Deputación e José Prado, candidato á alcaldía de Melide.

En Ames mitin de Ames Novo ás 20:30 na Casa da Cultura do Milladoiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies