Eleccións municipais 2019: día 5, debate na USC

0

Bisbarra, 14 maio 2019 – Continúa a campaña e hoxe poderemos ver aos candidatos de Compostela nun debate aberto, e retransmitido por youtube, na Facultade de Económicas da USC. Ademáis en toda a bisbarra continúas as visitas a parroquias, as reunións coas asociacións e debates radiofónicos sobre as distintas áreas de xestión.

Bisbarra

O BNG da Estrada ven de presentar propostas relacionadas coa mobilidade peonil e escenificaron o risco que se corre no rural onde o número de quilómetros de beirarrúas é máis ben escaso. Propoñen acadar das administracións titulares das vías de comunicación que asuman como prioridade a construción de beiravías nas súas estradas para que o dereito á mobilidade sexa tamén efectivo para a xente do rural.

O Partido Popular de Ames anda tamén polo rural e sas dúas primeiras visitas que tiveron lugar, Lens e Covas; marcábase o compromiso de destinar os 7.400.000€ do Plan de Obras se Servizos para por en valor o rural de Ames. Unha cantidade que sería destinada ao mantemento das vías públicas, para a implantación da rede de saneamento e abastecemento de auga potable, así como para a mellora no alumeado público.

A eurodiputada Lidia Senra visitaba Arinteiro, a aldea de Touro máis afecta polo proxecto mineiro e declaraba “Opoñémonos rotundamente á megamina de Touro-O Pino e opoñémonos a todos os proxectos megamineiros. Se a UE asume as súas responsabildiades e fai valer as súas propias normativas en materia de augas e en materia medioambiental, este proxecto de mina ten que pararse xa. Neste mandato levamos feito moito traballo no Parlamento Europeo, apoiando aos colectivos organizados e á veciñanza para denunciar esta situación, e así seguiremos.

Santiago

Goretti Sanmartín presentaba as medidas relacionadas co medioambiente que propón para a seguinte lexislatura o BNG. Como prioridade esta garantir os fondos para a depuradora pero tamén unha aposta pola reciclaxe. Goretti explicou que no 2020 a normativa europea obrigará a reciclar o 50% dos residuos, unha cifra da que se está moi lonxe. Entre as ideas propostas está o fomento da compostaxe, de xeito inmediato no rural e con proxectos pilotos no ámbito urbano, e a instalación dunha planta de tamaño similar a de Lousame.

Martiño Noriega, candidato de Compostela Aberta, e a actual concelleira de deportes Noa Morales, presentaron as propostas en esa área. Martiño Noriega sinalou que “o noso compromiso de políticas deportivas

parte da idea do deporte, non só como saúde senón tamén como medio de socialización para a veciñanza” e por iso as propostas se enfocan dende unha triple perspectiva. Por unha banda, o compromiso co mantemento das 21 instalacións deportivas municipais “nas que comezamos a obrar neste mandato ao comprobar o estado de abandono que moitas levaban sufrindo durante anos”, segundo sinalou Noa Morales. De feito lembrou que o goberno de Compostela Aberta investiu “máis dun millón de euros na reforma de equipamentos como o campo de fútbol de Santa Isabel, o campo de rugby da USC, ou pavillóns como o Monte dos Postes ou o Apóstolo Santiago”. Os outros dous eixes son unha aposta polo deporte feminino e os deportes minorizados ademais de continuar acollendo grandes eventos deportivos e manter e consolidar a Festa do Deporte.

O candidato do PP, Agustín Hernández, propuxo un compromiso coa cidadanía Hernández co que busca “acadar un verdadeiro compromiso cos santiagueses, non quero que o noso programa sexa visto como unha batería de promesas, que despois do día 26 meteremos nun caixón”. O Popular reiterou que o seu “será unha garantía para que o conxunto da veciñanza coñeza con antelación os nosos propósitos e poida ir fiscalizando os nosos pasos”.

O candidato á alcaldía polo Psoe, Xosé Sánchez Bugallo, e a número 6 da lista, Marta Abal, presentaron as 49 medidas do programa sobre fiscalidade, xestión administrativa, e transparencia. Entre elas, crear bases de datos de acceso público nas que se poidan consultar todas as subvencións outorgadas ou recibidas polas distintas entidades e empresas. Para Sánchez Bugallo, ten que haber contratos menores, pero teñen que estar xustificados e motivados.

Axenda

Bisbarra

12.30 h. A eurodeputada galega e candidata ás eleccións europeas do 26M, Lídia Senra, reúnese con membros de colectivos veciñais pola defensa do medio ambiente e desprázase ao Banco Máis Fedento do Mundo, situado en Lesta, Ordes, con vistas ao macrovertedoiro da Areosa, onde Sogama deposita a maior parte do lixo que recibe de toda Galiza.

Santiago

Os candidatos dan distintas roldas de prensa para seguir presentando os seus programas. Ademais estarán todos as seis da tarde na Facultade de Económicas nun debate público organizado pola Universidade.

O encontro retransmitirase en directo pola canle da USC en Youtube: https://www.youtube.com/user/UniversidadeUSC/live

BNG

ás 20:30 en Villestro. Acto público con Lois Calvelo, Pilar Lueiro e Xosé Quintáns.

Compostela Aberta

HORA: 17h00

LUGAR: Local Social de Compostela Aberta (Alfredo Brañas, 21)

Encontro sectorial aberto: A Compostela para vivir. Mobilidade, Cidade habitable, Plan Barrios.

HORA: 20h00

LUGAR: Local Social da Rocha

Acto aberto coa veciñanza da Rocha. Participa a concelleira e candidata número 2, Branca Novoneyra, o concelleiro e

candidato número 7, Xan Duro e o candidato número 25, Xosé Ramón Fandiño.

HORA: 20h00

LUGAR: Centro Cívico da Pontepedriña

Acto aberto coa veciñanza de Pontepedriña. Participan Luísa González, veciña do barrio e candidata, Natalia Paleo,

candidata e Martiño Noriega, alcalde e candidato á reelección.

HORA: 21h00

LUGAR: Centro Cívico de Conxo “Aurelio Aguirre”

Acto aberto coa veciñanza de Conxo. Participan Marisa Garea, veciña e candidata, a concelleira e candiadata, Marta

Lois, e Martiño Noriega, alcalde e candidato á reelección. Presenta a veciña do barrio Mercedes Franqueira.

Psoe

12:00 h. O candidato á alcaldía de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, comparte un café coa mocidade.

Lugar: Cafetería Universitaria El Seu. Av. de Vigo. Campus Sur.

20:00 h . O candidato á alcaldía de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; e a número 2 da candidatura, Mercedes Rosón, asisten á inauguración da exposición “Antonio Fraguas Fraguas. Letras Galegas 2019”.

Lugar: Museo do Pobo Galego. Costa de S. Domingos, s/n.

PP

11.00 h.- Recorrido polo Ensanche.

12.00 h.- Recorrido polo rúa de San Pedro e os Concheiros.

17.00 h.- Recorrido e carpa en Fontiñas.

20.30 h.- Encontro cos veciños de Laraño no Centro Socio Cultural.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial