Eleccións municipais 2019: Diego Luís Díaz Méndez será o candidato socialista en Val do Dubra

0

Val do Dubra, 12 de abril do 2019 – Diego Luis Díaz Méndez será o candidato socialista á alcaldía de Val do Dubra, cun proxecto “baseado nun plan de dinamización para que o concello deixe atrás a parálise dos últimos anos”.

Díaz Méndez é avogado de profesión e mantivo unha reunión co secretario xeral dos socialistas da provincia, Valentín González Formoso, para explicarlle o seu proxecto. O candidato considera  “moi preocupante o feito de que o actual grupo de goberno non fora quen de aprobar uns orzamentos en toda a lexislatura, sobrevivindo coas contas prorrogadas do PP”.

Nas últimas semanas Méndez mantivo reunións con diferentes colectivos e asegura que “A participación veciñal será unha prioridade, temos que construír a idea de pobo, o orgullo de ser de Val do Dubra e de vivir aquí, pero para iso temos que darlle servizos aos veciños e garantir o seu benestar”. Según o candidato “os socialistas somos municipalistas e o demostramos onde gobernamos, traballamos para as persoas”. Méndez di garantir “un proxecto serio, temos unha candidatura na que está representado o tecido social de Val do Dubra, con profesionais cualificados con moito que aportar”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial