Eleccións municipais 2019: José Antonio Pereira será o candidato socialista a alcaldía da Baña

0

A Baña, 27 de marzo do 2019 – Os socialistas de A Baña elixiron por unanimidade a José Antonio Pereira Gil candidato socialista á alcaldía do municipio na asemblea celebrada na Casa do Pobo.

José Antonio Pereira é o actual portavoz socialista no concello e repite candidatura nas eleccións do próximo 26 de maio.  “A Baña precisa dun novo rumbo, o tempo de Andrés García Cardeso e do Partido Popular chegou ao seu fin; nesta nova convocatoria electoral estou convencido de que non se nos vai escapar o quinto concelleiro, e digo máis: saímos a pola maioría absoluta”, afirma o candidato do PSOE.

Para Pereira Gil, esta nova elección dos militantes supón “un reto moi importante desde o punto de vista persoal e político, é a continuidade dun proxecto iniciado hai cinco anos, o PSOE ten que liderar o cambio en A Baña”.

Durante a asemblea, na que participou o 86% da militancia local, mostrouse tremendamente agradecido pola confianza recibida por parte das compañeiras e compañeiros da Agrupación Socialista de A Baña.

“Estou convencido de que A Baña é merecedora dun cambio de ciclo, os veciños queren cambio e loitarei para que a presente lexislatura sexa a última en mans do Partido Popular despois de 24 anos”, engade Pereira. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial