займ срочно

Eleccións Municipais 2019: José Luís García buscará seguir sendo o único alcalde que coñeceu Brión en democracia

0

Brión, 19 de abril do 2019 – Desde que en 1979 gañara á UCD, sendo candidato da Coalición Galega Independente, José Luís García é alcalde de Brión, cargo que intentará renovar en maio, unha vez máis polo Psoe.

Coalición Galega Independente aguantou ata o 2007 como partido pero as presións dos dous principais partidos, Psoe e PP, fixeron que José Luís García acabara decantándose por pasarse ao bando socialista. Agora presenta unha lista da que di que “mestura experiencia e xuventude e cun claro obxectivo: traballar por Brión”. Unha proposta que presentará oficialmente no Hotel Balneario Compostela (O Tremo) o vindeiro xoves 2 de maio, ás 21:30 horas.

O actual alcalde brionés amósase moi satisfeito coa lista de veciños e veciñas que o acompañarán na próxima lexislatura pois “ningunha das persoas ás que chamei me dixo que non, polo que nesta candidatura están as persoas que me parecen as mellores para traballar por Brión”.  García destaca tamén que a candidatura “é unha mestura de experiencia e xuventude. Persoas honestas, traballadoras, que saben o que fan e nas que os veciños e veciñas poden confiar”. Unha candidatura na que están representadas todas as parroquias do municipio e na que se producen oito novas incorporacións.

Novas incorporacións

Bo exemplo desta renovación é que nos cinco primeiros postos da lista se rexistran dúas novas incorporacións de dous veciños que chegan por vez primeira á política: Pablo Lago Sanmartín (40 anos, hostaleiro e veciño de Saíme, Bastavales), como número 2; e Carlos Noya Pereira (28 anos, técnico de seguridade e veciño de Brión de Abaixo, Brión), como número 4. Canda eles repiten María Rosa Romero Fariña (63 anos, enfermeira e veciña de Soutullos, San Salvador) e María Guarina Rey Vázquez (40 anos, administrativa e veciña de Gundín, Os Ánxeles).

“Creo que os primeiros postos son un exemplo do que é a nosa candidatura: unha mestura de experiencia e ilusión por traballar por Brión”, explica José Luís García, quen apunta que “Rosa ten unha gran experiencia en materia de servizos sociais, non so como concelleira, senón tamén representando á Fegamp no Consello Galego de Benestar Social; mentres que Guarina ten unha especial  preocupación polas novas tecnoloxías, onde Brión xa está avanzando en materia de Internet a alta velocidade pero onde temos que seguir traballando para que chegue a todas as nosas aldeas durante esta lexislatura”.

Sobre as novas incorporacións, José Luís García apunta que “Pablo é unha persoa que coñezo de hai moito tempo e só teño cousas boas que dicir del, estou seguro de que será un gran concelleiro; mentres que Carlos é unha persoa moi nova pero moi traballadora, polo que estou convencido de que será unha gran axuda”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies