Eleccións Municipais 2019 : José Ramón Blanco será o candidato do BNG en Negreira

0

Negreira, 15 de abril do 2019 –  O BNG presentou a candidatura para o concello de Negreira, nun acto celebrado no Auditorio da Casa da Cultura, e que estará encabezada por José Ramón Blanco.

José Ramón Blanco, Pichi, deu a coñecer os membros que o acompañarán na lista e que están “unidas pola vontade de recuperar o tempo perdido, cambiar o rumbo do concello e facer que Negreira teña por diante outro futuro, máis próspero e máis atractivo que o que podemos avistar agora” .

O alcalde de Mazaricos, que acompañou ao candidato nacionalista, puxo de manifesto os cambios acadados no seu mandato, algúns de difícil reversibilidade, como a apertura dos plenos á participación da veciñanza. Destacou o traballo do goberno, man a man cos distintos sectores e, nomeadamente, co agrogandeiro, e desexou os mellores resultados a candidatura do BNG de Negreira

Alexandre Pérez Queiro, candidato ao Senado e ex-responsable comarcal do BNG, expuxo a importancia de que o BNG recupere a presenza nas Cortes do Estado para garantir que Galiza conte nelas e os seus problemas teñan solución, empezando polo problema da emigración. Pediu o voto para o BNG, que serviría para frear o avance das políticas de dereitas. Explicou que nun contexto sen maiorías absolutas o papel do BNG podería ser decisivo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial