Eleccións Municipais 2019: liorta na rede entre Psoe e PP de Santiago pola remodelación do vial Clara Campoamor

0

Compostela, 18 de febreiro do 2019 – A campaña electoral cobra forza coa convocatoria das xerais de abril e Psoe e PP de Compostela veñen de enfrontarse en Twitter por conta da reforma do vial Clara Campoamor.

Todo comezou por unha mensaxe do Psoe na que propón parar a remodelación da rúa e ensanchar Clara Campoamor ata os seis carrís.

@psdegsantiagoA proposta de Bugallo e a súa candidatura para a reurbanización da rúa Clara Campoamor pasa por ensanchar o vial ata un máximo de seis metros para ampliar beirarrúas e crear carrís bici. A actuación que proxecta o goberno de CA creará un grave problema de tráfico na zona sur.

 Non tardou moito en respostar o PP de Santiago reclamando a autoría da idea e cualificando a reforma prevista de “ideas de bombero”.

@PopularesStgo En resposta a @psdegsantiago  Estamos encantados de que lo que llevamos meses reclamando sobre las “ideas de bombero” de @compostelaberta en el vial Clara Campoamor sea una idea estrella del programa de otra fuerza política. Dejamos aquí nuestro último tuit sobre este asunto, por si le quieren dar “me gusta”‏

https://twitter.com/PopularesStgo/status/1096088838454288384

Como non podía ser doutro xeito a resposta chegou recordándolle ao PP que o modelo de intermodal foi responsabilidade deles

@psdegsantiago Curioso que o diga o PP, o partido responsable de que #Santiago non teña unha intermodal como outras cidades galegas (serán 2 estacións conectadas por unha pasarela) e como merece a capital de Galicia, que provocaron os cambios sobre o proxecto inicial, o de Herreros.‏

Foi en ese momento cando apareceu a deputada Paula Prado, sempre moi activa na rede, tirando de hemeroteca e lembrando que foi o seu partido o que implantou os catro carrís. Non só iso senón que acusou a Bugallo de querer dar un “pelotazo urbanístico” coa reforma da estación.

@PopularesStgo @paulapra2: Sr. Bugallo al llegar al gobierno Ud. redujera a 2 carriles Clara Campoamor y 2 carriles de aparcamiento, fue @PopularesStgo quien habilitó los 4 carriles. Ahora pide paralizar el acceso a la estación y rediseñarlo con 4 carriles. Le dejamos el tuit denle a “me gusta”

@paulapra2 La intermodal q planteaba el alcalde Bugallo era un pelotazo urbanístico en toda regla, modificando el PXOM para aumentar el volumen de edificación y hacer más viviendas, además de una superficie comercial a la q nos opusimos por el daño q suponía al pequeño comercio

@paulapra2 Q venga ahora Bugallo de salvador del tráfico no deja d ser gracioso, Campoamor tiene 4 carriles en previsión d q el túnel se cierre por   cualquier circunstancia y se colapse el trafico. Eso el no lo valoró, estaba más preocupado por hacer un centro comercial en la intermodal

O Psoe tamén soubo usar a hemeroteca para demostrar que a conversión de dous a catro carrís era algo xa previsto pero Paula Prado recriminoulles que se quedará en proposta.

@psdegsantiago Non hai como tirar de hemeroteca, non si? (Parte 1) ⬇️

https://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/estudio-duplicar-carriles-vial-sar-pontepedrina/idEdicion-2008-06-14/idNoticia-312691

@paulapra2 Vaya! En el 2008 lo estaban estudiando y en 2011 no fueron capaces de ponerlo en marcha? Pues sí que pueden presumir de capacidad de gestión. Al PP no le hizo falta tanto tiempo #cumPPlimos

O punto e final, polo momento, o poñia o asesor do goberno municipal Carlos Neira que nun fío explicaba con datos as previsións para a saída de autobuses 

CarlosNeiraCortizas @calidonia O goberno de @compostelaberta sabe perfectamente cal é a carga diaria de autobuses regulares na cidade -@X_S_Bugallo non-: cantos son, en que calendarios funcionan, o perfil horario, as horas punta, e cantos de todos eles son metropolitanos -van a/veñen de Ames, Teo e Oroso.

A media diaria de autobuses regulares na cidade é 570 e non os 847 que afirma @X_S_Bugallo. Estaría ben que o alcalde derrotado por Conde Roa soubese de números tan ben como posar para a foto. Botando así de mal as contas explícase a débeda que deixou no @PazoDeRaxoi.

A Intermodal vai ter dúas dársenas de autobuses: unha superior no terceiro carril do Hórreo actualmente infrautilizado, para os buses con orixe e destino en Ames, Teo e Oroso, e outra na parte inferior, con acceso pola avenida de Clara Campoamor reformada e humanizada.

Por iso a cifra máxima de buses que usarán a dársena do Hórreo con espazo para varios buses concomitantes, é de 20 por hora, un cada 3 minutos. E o carril pegado á Intermodal contará con espazo suficiente para máis de 3 buses concomitantes.

Por iso a cifra máxima de buses que usarán Clara Campoamor é de 30 por hora, un cada 120s e non cada 45 como di @X_S_Bugallo, menos dos que usan a actual Estación. E como se concentran ás :00, :15, :30 e :45 abondará con regulación semafórica cada 3-5 min.

Pero todo lle vale ao PSOE compostelán para pedir o adiamento dunha licitación como esta. Parecen ter máis ansia por facer algún favor aos amigos construtores que por defender a cidade. Non era que esta Intermodal non lles valía? https://www.20minutos.es/noticia/2766757/0/solo-psoe-vota-no-al-proyecto-intermodal-santiago-aprobado-con-votos-gobierno-abstencion-pp-bng/

Mención á marxe merece o comportamento xornalístico de RM e La Vox. Contactaron co Concello, co concelleiro de mobilidade ou co director de TUSSA, para verificar se eses datos que publican  son verdadeiros ou inventados? Non, todo sen contrastar. Nivelón profesional. Fin

Queda tempo aínda para as eleccións pero será imposible ver todas as loitas que se produzan. Este é un pequeno exemplo da importancia que terán, dun xeito ou doutro, as redes sociais nos próximos meses.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial