Eleccións municipais 2019: Manolo Regos candidato de novo por Unión por Ordes

0

Ordes, 23 de marzo do 2019 –  Manolo Regos acaba de confirmar nun comunicado que buscará de novo a alcaldía de Ordes co seu partido, Unión por Ordes, UxO. 

O comunicado é unha carta aberta aos veciños de Ordes na que Manolo Regos explica que ” O pasado sábado 16 de marzo, nunha xuntanza na que participamos un grupo de amig@s e veciñ@s de Ordes, aceptei repetir como candidato nas próximas eleccions municipais que se celebrarán próximamente na nosa vila. Volvo a presentarme con enerxías renovadas, e con máis ganas e máis ilusión que nunca”.

O ex alcalde avanza tamén que presentarán “unha candidatura moi renovada, na que a xente xoven será o eixe central da nosa estrutura. Xente xoven e moi formada, que dan un paso adiante e que van traballar arreo para devolverlle a Ordes o lugar que nunca debeu perder, como líder e cabeza de comarca, e por facer de Ordes un lugar no que a xente queira vivir e teña opción a traballar”.

Regos agradece tamén o traballo dos que integraron a lista en anteriores eleccións. Nas próximas semanas seguirán a manter contactos para formar a lista definitiva e para confeccionar o programa electoral coas aportacións dos veciños.

Unha traxectoria dilatada e variada

Manolo Regos pasou por distintas formacións políticas aínda que nunca militou oficialmente en ningunha. En 1987 formou parte da candidatura da Coalición Progresista Galega. En 1989 pasouse ao PP ata 1995, cando se separou da agrupación popular para integrarse en Democracia Galega. En 1999 volve ao PP. En 2003 crea Unión por Ordes (UxO). En 2007 foi elixido alcalde de Ordes. En 2011 foi de novo elixido alcalde por ser UxO o partido máis votado nas eleccións. En 2015 pasou a oposición ao ser o PP o partido máis votado.

Dous partidos no mesmo espazo político

PP e UXO estiveron sempre separados por un puñado de votos, no 2011 menos de 300 e no 2015 por tan só dous. Ambos os dous partidos tiveron problemas internos en estes anos; UxO enfrontouse a imputación de Silvia Marín, concelleira de educación, dentro da trama Pokemon. Marín acabaría dimitindo en agosto do 2017 ao ser unha das esixencias do BNG para falar dunha posible moción de censura ao PP; os nacionalistas pedía ademais a marcha de Manolo Regos e Roberto González pero este último negouse en todo momento a renuncia.

O PP en estes últimos catro anos viu como ademais das ameazas de censura perdía dous concelleiros en xaneiro do 2017, Luís Caamaño (que no seu día pertencera a UxO) e Beatriz Martínez Candal deixaban o goberno e pasaban ao grupo de non adscritos deixando ao goberno municipal con tan só cinco concelleiros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial