Eleccións Municipais 2019 : Manuel Fernández Munín repite como candidato do PP en Boqueixón

0

Boqueixón, 24 de abril do 2019 – O Partido Popular de Boqueixón pechou a súa lista electoral para concorrer ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio, que estará encabezada polo actual rexedor, Manuel Fernández Munín.

O actual alcalde destaca que a candidatura do Partido Popular presenta un equipo preparado para gobernar, seguindo cunha planificación de traballo que se ven desenvolvendo nos últimos anos. Manuel Fernández Munín é licenciado en Ciencias Económicas e vive na parroquia de Sergude. 

O número dous será para o profesor de Lestedo e presidente da Festa da Filloa, José Manuel Canabal, que será a primeira vez que vai nunha candidatura. A número tres será a empresaria e actual concelleira de Política Social, Ana Seijo Mosquera, da parroquia de Ledesma. Outra das novidades da lista popular é a veciña de Oural, Marta Copóns Neira, que ocupa o cuarto lugar. 

No número cinco será para o economista da parroquia de Lestedo José Manuel Iglesias Gómez. Iglesias retoma a vida política despois dun parón por causas laborais, xa que fora concelleiro e tenente de alcalde entre os anos 1998 e 2009.

O sexto lugar é para o actual concelleiro de Formación, Emprego e Turismo, o veciño de Santa Eulalia de Vigo Alejandro Bermúdez. Como número sete irá o ex-alcalde e actual concelleiro de Servizos, Jesús Sanjuás, da parroquia de Codeso, de oito o tamén actual concelleiro de Terra e Monte, Suso Santasmarinas.

María Taboada, que na actualidade está xubilada e que foi presidenta da asociación de mulleres rurais de Oural, Pousada e Sucira, ocupará o número nove. O número 10 será para a funcionaria Mary Botana, actual concelleira, e pecha a lista como número 11 a veciña de Oural Patricia Fernández.

O primeiro dos 10 suplentes será o ex-alcalde e actual delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña Ovidio Rodeiro, quen tamén é o presidente local do Partido Popular de Boqueixón. O último dos suplentes é a ex concelleira de Educación, a secretaria do CRA Vedra-Boqueixón Raquel García Fraga.

Manuel Fernández Munín definiu a lista electoral como un equipo “preparado para gobernar, seguindo cunha planificación de traballo que se ven desenvolvendo nos últimos anos e que ten como obxectivo continuar mellorando a calidade de vida dos veciños e veciñas de Boqueixón”. O actual alcalde tamén destaca que, entre titulares e suplentes, todas as parroquias do concello teñan representación na candidatura do Partido Popular.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial