Eleccións municipais 2019: Manuel Mirás repite como candidato socialista a alcaldía de Oroso

0

Oroso, 29 de marzo do 2019 – A agrupación local do Psoe de Oroso decidiu en asemblea renovar a confianza en Manuel Mirás, actual alcalde, para que sexa o candidato nas eleccións municipais do mes de Maio.

Manuel Mirás foi elixido por aclamación durante a asemblea ordinaria celebrada este mércores, 27 de marzo, na sede da Agrupación Socialista de Oroso e á que acudiron multitude de simpatizantes e afiliados do partido. O alcalde e xa candidato dixo que se presenta “por responsabilidade e porque manteño intacta a ilusión por traballar e por seguir facendo de Oroso un referente”. Mirás, agradeceu a todos os presentes a confianza depositada na súa persoa “para seguir liderando este proxecto”.

A asemblea transcorreu nun ambiente moi emotivo, no que moitos dos presentes tiveron a ben pronunciar unhas palabras de recoñecemento ao traballo desenvolvido polo candidato socialista durante todos estes anos ao fronte do Concello de Oroso. Do mesmo xeito, a súa proclamación foi recibida entre aplausos.

Nas vindeiras semanas Mirás dará a coñecer os integrantes da súa candidatura, na que xa está a traballar dende hai días.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial