Eleccións Municipáis 2019: O avogado Fernando Viqueira será o candidato socialista a alcaldía de Ordes

0

Ordes, 16 de marzo do 2019 – O avogado e veciño de Ordes Fernando Viqueira será o candidato a alcaldía polo partido socialista nas eleccións do vindeiro mes de maio.

Natural de Ordes, 51 anos e avogado desde 1996, aínda que antes xa traballara como oficial do rexistro da propiedade de Santiago, Fernando Viqueira recalca que “Ordes debe volver a ser o motor económico e social da comarca; ese é o obxectivo que me marcarei se os veciños deciden que sexa alcalde”.

Nas próximas datas, os socialistas de Ordes pecharán o programa electoral e a candidatura, “paritaria e con persoas que teñan gañas e ilusión”. Pola súa parte Viqueira remata engadindo que “aportarei toda a miña experiencia vital e profesional para que Ordes sexa un auténtico referente de políticas sociais e de impulso económico”. 

Francisco Viqueira, no centro, tras a elección

Viqueira, no centro, tras a elección

Os rumores sobre a súa candidatura víñanse producindo nas últimas semanas pero nin el nin o partido quixeron confirmar nada ata a asemblea celebrada na noite de este venres onde a agrupación local votou por maioría a súa proposta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial