Eleccións municipáis 2019 . O BNG presenta os candidatos de Padrón e A Estrada

0

Bisbarra, 18 de marzo do 2019 – Continúan as presentacións das candidaturas dos diferentes partidos en distintos concellos e foi a quenda do BNG de Padrón e A Estrada.

Padrón renova con respecto a hai catro anos e terá no primeiro posto da lista a Bea Rey. O acto celebrouse o pasado venres e a candidata do BNG estivo acompañada polo actual voceiro, Xoán Santaló, o parlamentario Xosé Luís Rivas “Mini”, e a actriz Isabel Risco.

A candidata agradeceu a confianza que o partido deposita en ela e tivo unhas emocionadas palabras para Xoán Santaló e o traballo desenvolto ao longo das tres últimas lexislaturas.

A Estrada

Pola súa banda a asemblea local do BNG da Estrada aprobou por unanimidade o pasado sábado a candidatura completa cara ás eleccións municipais do 26 de maio. Destaca a renovación de case a metade da candidatura na que por primeira vez hai máis mulleres que homes.

No primeiro posto segue o profesor de ensino secundario e enxeñeiro forestal Xosé Magariños que destaca a ampla representación do medio rural na candidatura. A cultura tamén ten protagonismo con membros de asociacións culturais, músicos e unha actriz.

O BNG fará un acto público o próximo sábado día 23 as oito da tarde no MOMA coa presenza do parlamentario Luís Bará.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial