займ срочно

Eleccións Municipais 2019: Teresa Rey, Veciñ@s de Padrón

0

Padrón, 9 de maio do 2019 – Hai unhas semanas Teresa Rey, portavoz de Veciñ@s de Padrón, anunciaba que non se presentarían as eleccións e que viñan de entregar en fiscalía probas de presuntos delitos do equipo de goberno de Antonio Fernández Angueira.

A renuncia a presentarse de Veciñ@s de Padrón e Alternativa por Padrón e a integración do Partido Galeguista no Partido Popular leva a vila a un afastado pasado electoral. De novo en liza PP, Psoe, BNG e unha CIPA baixo as siglas de Compromiso x Galicia; nin Ciudadanos, nin Marea algunha, unha volta en toda regra a 8 anos atrás. Lindeiros quixo falar con Teresa Rey sobre a renuncia de Veciñ@s, sobre a denuncia presentada ante fiscalía e tamén sobre este decorado municipal.

Comezamos preguntando pola renuncia a presentarse ás eleccións. As presións para non entrar en política sempre existiron pero nos últimos meses e, sobre todo, cando se coñeceu a lista definitiva incrementáronse un cen por cen

Veciñ@s foron xunto con Alternativa por Padrón a novidade nos últimos anos, a renovación. A noticia de que Cesáreo Pardal, portavoz de AxP, sería presidente do  Cluster do Turismo de Galicia e que a súa formación non se presentaría tampouco as eleccións non foi unha sorpresa para Teresa Rey e non cre que teña nada que ver tamén con presións

Para a portavoz de Veciñ@s non foi o momento para entrar en política, faltou unha implicación da cidadanía que sustentara o proxecto antes as presións alleas. É curioso, di, que cando deciden abandonar e cando máis apoio atopan

Teresa Rey decidiu levar a Fiscalía unha documentación que, si é tida en conta e admitida a denuncia a trámite, pode supoñer un serio problema para o actual alcalde e o seu equipo de goberno. A aínda concelleira asegura que en público nunca fala ou actúa sen probas

Nunha reflexión final Teresa cóntanos algo que xa temos escoitado en máis ocasións e en máis vilas; cando se presentaron por primeira vez alguén pediulles un posto de traballo como compensación por ir na lista, ante a negativa esa persoa acabou indo en outra formación

Padrón segue atrapada en xeitos de política propias de hai 40 anos, o domingo 26 hai como cada 4 anos unha posibilidade de cambio pero da a sensación de que os padroneses, pese as queixas, están acostumados a vivir así. Estaremos atentos e contaremos todo o que aconteza non só nos comicios se non tamén coa denuncia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies