Padrón, 18 de abril do 2019 – Veciños de Padrón decide non participar nas Eleccións Municipais e presenta unha denuncia na fiscalía contra o goberno municipal.
Nun vídeo publicado en Facebook a concelleira de Veciños de Padrón, Teresa Rey, explica que decidiron non presentarse por dúas cuestións principais. Por unha banda tiñan preparada unha lista encabezada por tres mulleres pero ata cinco dos membros da candidatura recibiron “recomendacións dos seus xefes” para que se retiraran dos comicios véndose obrigados a primar o traballo antes que a política. Por outra banda Teresa Rey di retirar a súa candidatura a alcaldía para, como concelleira, poder presentar unha denuncia ante a Fiscalía por posibles delitos contra a administración pública e prevaricación urbanística.
O escrito de denuncia son 64 folios nos que ao longo de 24 puntos recóllese a abundante documentación consultada por Veciños de Padrón e pola que en moitas ocasións preguntouse no pleno sen conseguir respostas claras.
Rey tamén di que espera que a súa renuncia serva para que “a xente vexa que non tódolos políticos son iguais”. A concelleira recomenda tamén apostar por un goberno distinto no que “os favores non sexan unha moeda de cambio”.
Podedes ver o vídeo completo aquí