Eleccións municipais: Oscar Vilar elixido candidato socialista en O Pino

0

O Pino, 13 de marzo do 2019 – Os militantes da agrupación socialista de O Pino elixiron por unanimidade na asemblea local a Óscar Vilar Chento candidato á alcaldía do concello.

Óscar Vilar defende un programa electoral “ambicioso, crible e viable, nunca prometer imposibles”. O candidato do PSdeG mantivo unha reunión de traballo co secretario xeral dos socialistas da provincia, Valentín González Formoso, para explicarlle o seu proxecto.

“Calquera compañeiro ou compañeira podería ser cabeza de cartel, ninguén é máis que ninguén, agradezo que a agrupación local recoñeza a adicación e o traballo o longo deste últimos catro anos”, sostén.

Neste momento, Vilar traballa, xunto a executiva local, na elaboración da lista. Apostará por xente comprometida polo concello e apunta que “para facer política local non é necesario ningún carné, tan só necesitamos xente que aposte por mudar as cousas, que aposte por uns mellores servizos públicos, que defenda o noso medio e as nosas fontes de riqueza ligados o sector forestal, agrogandeiro, comercio, e como non, o turístico relacionado co Camiño de Santiago”.

Vilar, de 44 anos, casado e cunha filla, é veciño de O Pino dende o 2006 e concelleiro socialista dende o ano 2014. A gran parte da súa carreira profesional sempre estivo vinculada co sector da seguridade privada.

O candidato do PSdeG está moi comprometido co deporte e a vida saudable, xa que foi un dos socios fundadores, e ata hai pouco tamén presidente, do Club Ciclista MontaeVai O Pino.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial