займ срочно

Eli Ríos presenta en Ordes ‘Remexido de patacas’  

0

Ordes, 9 de abril do 2019 – A escritora Eli Ríos estará este vindeiro venres, 12 de abril, en Ordes presentando a súa obra ‘Remexido de patacas’. Un acto que terá lugar ás 20 horas na librería Tango.

Eli Ríos estará acompañada pola ilustradora e artista visual Nana; e Belén López, directora de Baía Edicións. Nada en Londres, Eli Ríos está moi vinculada a Ordes xa que parte dos seus primeiros anos de vida transcorreron neste municipio.

En Remexido de patacas mantense fiel á súa interpretación da actividade literaria como canle de compromiso, crítica e cambio social. O libro preséntase como unha “forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade”, avogando pola “eliminación das desigualdades nos costumes para comezar a sentir os beneficios tanto no lector ou lectora como na xente de arredor”. En palabras da autora “os ingredientes para isto son: equidade, empatía, sororidade e disidencia”. Todo isto require “unha elaboración nada sofisticada para poder cociñar as estadas necesarias que cambien as referencias que nos transmitiu a historia e que son incompatibles coa vida.

Remexido de patacas foi escollida no ano 2014 como gañadora do certame galego de narracións breves Premio Modesto Rodríguez Figueiredo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies