займ срочно

Os emigrantes teñen a súa feira este sábado en Touro

0

Touro, 3 de agosto do 2017 – O Concello de Touro acolle o próximo sábado, a súa tradicional Feira dos Emigrantes dedicada aos veciños que volven a casa cada ano.

Imaxe da edición do 2016 da Feira dos emigrantes

Imaxe da edición do 2016 da Feira dos emigrantes

Todos os ‘días 5’ de cada mes hai feira en Touro, pero a do mes de agosto cobra especial relevancia porque sirve para que os veciños de Touro que emigraron a outras zonas do mundo en busca de traballo poidan reencontrarse. Persoas que residen durante todo o ano en Cataluña, País Vasco, Suiza ou Alemania volven no mes de agosto ao concello coruñés e a feira convértese nun lugar para o reencontro.

O Concello de Touro poñerá buses a disposición dos veciños que desexen acudir á feira dos emigrantes. Sairán dende as parroquias ás 10.00 horas e regresarán ás 16.00 horas.

A partir das 12.00 horas está prevista a actuación da charanga ‘Os Xirimbados’, que animará a xornada de compras nos postos que se instalan dende primeira hora da mañá nas rúas de Fonte Díaz. Tamén estarán instaladas as polbeiras, tradicionais no día dedicado aos emigrantes. Coa celebración da ‘Feira dos Emigrantes’ comeza un mes de agosto cheo de actividades en Touro e a seguinte cita será o domingo 13 coa Festa dos Maiores.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies