Bisbarra, 18 de febreiro do 2019 – Non foi a mellor fin de semana para os equipos da bisbarra na segunda nacional de futsal, o Santiago so tirou un empate do encontro ante o Elche e o Noia, que loitou todo o tempo, non conseguiu dobregar ao Barcelona.
Empate ante o Axa Fita Port Elche
O partido en Santa Isabel comezou axustado con ambos os conxuntos presionando cada balón. No 14 Everton conseguiu finalizar unha estupenda volea nunha xogada de estratexia desde o córner. Tan só un minuto despois e de falta directa, Christian Chao conseguiu aumentar a vantaxe ao bater a media altura a Rafa case desde a distancia de sete metros.
Os locais fóronse cun 2-0 ao descanso e ao renovarse o encontro os dous equipos seguiron intercambiando golpes, ata que os ilicitanos comezaron a empuxar co obxectivo de darlle a volta ao marcador, o que conseguiron en menos de dous minutos.
Un saque de córner directo con mala fortuna para Álex Pérez, e os dous seguintes de Adrián e Rubi puxeron aos do Elche por diante, algo que parecía imposible minutos atrás.
No minuto 36, de novo Christian Chao puxo o empate no marcador e os santiagueses tiveron oportunidade de levar o partido grazas ao porteiro xogador, pero non houbo tempo para máis.
O Noia o fixo todo ben ante o Barça Lassa B pero non chegou
Comezaba apertando o Noia nos minutos iniciais cunha boa oportunidade de Dani Colorado de romper a saca cun tiro a segundo pau. A incorporación do visitante Povill a cancha supón o primeiro do Barcelona tras unha xogada a balón parado desde a esquina do córner. Corría o minuto 8 e lucía un 0-1 no marcador.
Coa desvantaxe dun gol, o bloque galego non viría abaixo embestindo a portería catalá, pero en ocasións a madeira e noutras a falta de puntería condenarían aos galegos a non estrear o marcador na primeira parte. Si atinaba Nill nunha chegada á portería de Brais nun bo contraataque no minuto 12. Os últimos minutos deste primeiro acto tería moitas máis ocasións o Noia para recortar distancias pero con todo o luminoso non cambiaría de díxitos.
Tras o paso por vestiarios a historia repetíase. De novo eran os noieses que chegaban primeiros e con perigo á portería pero serían os cataláns quen, na súa primeira chegada, conseguirían un novo tanto, nesta ocasión de Rufino que subiría o terceiro da tarde no 24.
No 27 a máis clara deste segundo acto teríaa Sergio Quilez que chega ao segundo pau controla o esférico co peito e váiselle alta coa portería baleira.Como quen a segue conséguea no 28 sería o propio Quilez quen rompería a saca para os seus cun gol que arrincou os aplausos da afección alí presente.
No 30 sería Khalid quen rompería definitivamente o encontro cun gol dunha xogada a balón parado. 1-4 rezaba o luminoso do Agustín Mourís que presenciaba como corrían os minutos en contra do Noia. Aínda co partido practicamente sentenciado os locais non baixarían os brazos. Buscaban a sorte de fronte ao gol Javaloy, Antoñito e Pizarro pero o esférico caprichoso negábase a entrar.