Obradoiro de emprego para mellorar o Camiño de Santiago en O Pino e Arzúa

0

Bisbarra, 16 de xuño do 2018 – Os concello de O Pino e Arzúa solicitarán un obradoiro de emprego que servirá para acondicionar a área de descanso do Camiño de Santiago.

Os alcaldes de O Pino e Arzúa firman o convenio para solicitar un obradoiro de emprego que acondicione o Camiño de SantiagoOs alcaldes do Pino, Manuel Taboada Vigo, e o de Arzúa, José Luís García, asinaron o convenio de colaboración para solicitarlle á Consellería de Industria o financiamento que permita un obradoiro de emprego para 20 persoas.  A proposta dos dous alcaldes é a de poder empezar co período de formación no vindeiro mes de setembro e recibirían coñecementos  como auxiliares de viveiros, xardíns e centros de xardinería

Durante o período de formación, que será de nove meses, acondicionarían áreas e espazos de descanso localizadas no Camiño de Santiago ou nas súas proximidades ao seu paso polos concellos de Arzúa e O Pino para poñer en valor puntos estratéxicos do percorrido do Camiño Francés. Na proposta contemplase, por exemplo, a ocultación dos contedores de lixo para mellorar o impacto visual nunha ruta que cada día percorren milleiros de peregrinos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies