займ срочно

Emprendemento desde casa coa Cámara de Comercio de Santiago

0

Compostela, 14 de abril do 2020 – A Cámara de Comercio de Santiago, en colaboración coa Fundación Incyde e co cofinanciamento do Concello de Santiago e do Fondo Social Europeo comezará o próximo luns 20 de abril, VIA STREAMING dous programas formativos dirixidos e orientados a mozos e mozas menores de 30 anos e inscritos en Garantía Xuvenil.

O obxectivo principal destes Programas Formativos é contribuír á inserción no mercado de traballo a través do Emprendemento de mozos e mozas menores de 30 anos, que nin estudan nin traballan, e que a través dos programas “Constrúe o teu futuro: programas personalizados para emprendemento xuvenil”, aínda que non poñan en marcha a súa propia empresa, a experiencia reportaralles coñecementos e habilidades empresariais esenciais como a creatividade, iniciativa, tenacidade, traballo en equipo, xestión do risco e sentido da responsabilidade. Cualidades valoradas no mundo profesional e que, por tanto, incrementan a súa empregabilidade.

Programa de Formación de Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento

Emprendemento desde casa coa Cámara de Comercio de SantiagoO Programa de Formación de Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento está dirixido a emprendedor@s e profesionais que desexen optimizar e especializarse en competencias do marketing dixital e o aproveitamento efectivo das redes sociais e a web 2.0, permitíndolles incrementar a súa calidade profesional e mellorar a súa empregabilidade. O programa axudará aos participantes a definir a súa propia estratexia de comunicación nos novos medios sociais (redes sociais, blogs, buscadores, etc.), o plan de marketing dixital e a execución de accións para mellorar a reputación e o posicionamento dos seus produtos/servizos na internet.

Programa de Tendas Virtuais e Emprendemento

Emprendemento desde casa coa Cámara de Comercio de SantiagoO Programa de Tendas Virtuais e Emprendemento estará dirixido a mozos e mozas interesadas en mellorar ou consolidar á actividade comercial a través da programación e creación de tendas virtuais. A través deste programa, @s participant@s aprenderán a: deseñar unha tenda online en WordPress, coñecer o contexto que rodea o sector da venda na internet, deseñar un plan de marketing online para unha tenda online e, acceder a provedores e recursos valiosos para seguir a aprendizaxe unha vez terminado o curso.

O obxectivo fundamental dos dous programa é o de proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar oportunidades de mercado e desenrolar o Plan de Empresa / Plan de Mellora, sempre coa axuda das ferramentas de xestión para favorecer a súa posta en marcha. Con este programa facilítase a elaboración dun Proxecto de Empresa / Plan de Mellora desenrolado e completo, que pode empregar o/a promotor/a non só como guía de referencia para a posta en marcha e/ou consolidación do seu negocio, tamén lle pode servir como medio de argumentación da súa viabilidade ante entidades públicas e financieras. O programa axudará aos participantes a definir a súa propia estratexia de comunicación nos novos medios sociais (redes sociais, blogs, buscadores, etc.), o plan de márketing dixital e a execución de accións para mellorar a reputación e o posicionamento dos seus produtos/servizos na internet. Os programas formativos VIA STREAMING son GRATUITOS previa inscrición na páxina web da Cámara de Comercio de Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies