займ срочно

Empresarios do Milladoiro entregaron unha placa a Borja Golán polo seu Campionato Europeo de squash

0

A Asociación de Empresarios Comerciantes e Profesionais (AEMI) e O Centro Comercial Aberto Palmira Bulevar agradeceron o esforzo do xogador que comezou a competir no Milladoiro.

empresarios-homenaje-borja-golan-normal-27-septiembre-2016_r

De esquerda a dereita: José Manuel Fernández, Borja Golán, Dolores Mella e Carlos Saavedra (socio de Palmira Bulevar)

Ames, 26/09/2016 – O Campión Europeo de Squash Borja Golán recibiu hoxe o afecto dos empresarios do Milladoiro. José Manuel Fernández, presidente de Palmira Bulevar e Dolores Mella como presidenta de AEMI fixéronlle entrega dun placa como recordo do seu título.

José Manuel Fernández lembrou que nos 80′ o Milladoiro foi o xerme da futura Federación Galega de Squash e o lugar no que se construíron as primeiras pistas da comarca. Anos despois Borja Golán daría aquí os seus primeiros pasos neste deporte polo que a súa vinculación co Milladoiro existe desde a infancia.

O próximo mes o xogador volverá a Exipto para participar no Campionato do mundo onde tentará conseguir un bo resultado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies