займ срочно

En negro contra as violencias segue crecendo e se prepara para novembro

0

Compostela, 19 de xuño do 2017 – A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presidiu a primeira xuntanza político-técnica da campaña En negro contra as violencias, cuxa preparación bota a andar cara ó mes de novembro.

O Concello de Santiago quixo neste 2017 convidar a todos os concellos de Galicia a participar na campaña En negro contra as violencias, un convite que se fixo grazas á colaboración da Fegamp.

A esta primeira xuntanza asistiron alcaldes, concelleiras e concelleiros e persoal técnico de máis de 50 concellos, que amosaron o seu interese en coñecer máis detalles da campaña cara á súa incorporación neste ano. O máis relevante é o interese amosado por estas localidades, de provincias e cores políticas diferentes, o que demostra que en materia de igualdade é preciso actuar de forma colaborativa.

Dende o ano 2015

Esta campaña naceu en novembro do 2015 como unha forma de visibilizar a lacra que supón a violencia machista na nosa sociedade. Con esa premisa nacía Compostela en negro, a través da cal máis de 300 comercios se tinguiron de negro na nosa cidade durante a semana do 19 ao 25 de novembro.

Debido ao éxito da campaña -grazas ao interese e á implicación das entidades, comercios e establecementos que participaron- dende o Concello de Santiago tomouse a decisión de ampliar Compostela en negro e estendela a outros concellos de Galicia. Así, en 2016 foron 17 os municipios que se sumaron, localidades das catro provincias galegas e de todas as cores políticas: A Coruña, Allariz, Ames, Cangas, Carballo, Compostela, Ferrol, Lugo, Poio, Pontevedra, Ribadeo, Sada, Sarria, Teo, Tui, Vilalba e Zas.

No caso de Compostela, pasouse de 326 a 500 establecementos e entidades adheridas, entre as que se atoparon entidades deportivas, hoteis, cafeterías… e tamén a propia Catedral de Santiago que colocou unha gran faixa na zona central.

Compostela en negro pasaba entón a chamarse En negro contra as violencias e un total de 2.737 establecementos e entidades de toda Galicia tinguíronse de negro sumándose á campaña. Para aqueles concellos que non asistiron e queiran recibir máis información ou participar, poden enviar un correo ao enderezo electrónico territoriodasmulleres@santiagodecompostela.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies