займ срочно

En perigos os servizos de comedor en Padrón

0

Padrón, 30 de setembro do 2020 – O BNG de Padrón alerta do risco de desaparición do servizo de comedor escolar nos centros educativos do concello.

A Directiva do CEIP Rosalía de Castro ven de facer un chamamento á comunidade escolar para atopar voluntarios que colaboren no mantemento do servizo de comedor escolar xa que do contrario terá que suspenderse.

Os nacionalistas critican a falta de “previsión, medios e garantías de seguridade fronte á Covid-19 da Xunta de Galicia” ao que engaden a falta de interese do goberno local á hora de poñer en marcha o Consello Escolar Municipal, solicitado por toda a oposición en varias ocasións.

O BNG explica que o comedor escolar é un servizo básico que precisa de garantías de seguridade. Esixen que tanto o goberno municipal de Padrón, como a Consellería de Educación tomen as medidas necesarias para garantilo xa que  “é fundamental para atender as necesidades do centro escolar e das familias”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies