Encontro de coros esta tarde en Compostela

0

Compostela, 15 de abril do 2018 – O Teatro Principal acolle esta tarde, 19:00 horas, un concerto con tres coros procedentes de Santiago, Ferrol e Londres.

Os coros que participarán serán o Proxecto Vocal Concerto Tempo (Ferrol), dirixido por J. A. García Mato, o Eclectic Voices (Londres) dirixido por Scott Stroman, e o compostelán Coro da Ra, dirixido por Ramón Bermejo.

Proxecto vocal Concerto Tempo (Ferrol) – Director: José Antonio García Mato

Fundado o 15 de setembro de 2006, o Proxecto Vocal ‘Concerto Tempo’ está formado por mozas e mozos da bisbarra de Ferrolterra. Todo os membros da agrupación coral contan cunha importante relación coa música, xa que algúns deles exercen profesionalmente a docencia musical (tanto na educación primaria e secundaria coma en distintos conservatorios do país) e outros son alumnos  de  conservatorio  ou  xente con experiencia no canto por pertenceren anteriormente a outras formacións vocais. A pesares da súa curta historia, pódese destacar:

– A obtención do Primeiro Premio e o premio á mellor interpretación da obra obrigada no III Certame Coral Vila de Arbo, en abril do 2015.

– A obtención do Primeiro Premio e o premio á mellor interpretación da obra obrigada no V Certame Nacional Coral de Infiesto (Asturias), en setembro de 2011. Xa no 2009 acadara o 2º premio, quedando deserto o primeiro.

– Foi elixido para o concerto final do Certame Galego “En Clave Coral” nos anos 2009 e 2010, organizado pola Federación Coral Galega (FECOGA), ó que acceden soamente as 4 agrupacións mellor valoradas.

– Participou nos concertos finais do Concurso de Panxoliñas de Caixanova 2009, 2010 e 2011.

– O concerto na Concatedral de San Xiao no ano 2010, dentro da celebración do Pregón da Semana Santa Ferrolá, declarada de Interese Turístico Nacional.

–   No ano 2011 foi invitado a colaborar na interpretación do “CARMINA BURANA participativo” xunto ós coros e a Orquestra Sinfónica de Galicia.

– No ano 2012 foi invitado pola organización a participar no concerto homenaxe á música dos 80 dentro do programa de actos das Festas de Ferrol, compartindo escenario con grandes estrelas do panorama musical español.

– No ano 2017 obtén o Segundo Premio no V Certame Coral Vila de Arbo e o Segundo Premio  no XXXIV Certame Coral Villa de Avilés.

Programa:

Cada noite – Letra: Rosalía de Castro. Música: Julio Domínguez

Scherzo Italiano – Fco. M. Tortosa

Chan Chan – Música: F. Repilado (Compay Segundo). Arr.:J. A. Martínez e R. Balistreri

O Pato – Música: Jayme Silva – Neuza Teixeira. Arr.: Fernando Arian

Witness – Arr.: Jack Halloran

Eclectic Voices (Londres) – Director: Scott Stroman

 Eclectic Voices é un coro cheo dunha gran enerxía que ademais transmite nos seus vibrantes directos. Despois de 25 anos, segue a ser dirixido polo seu fundador, Scott Stroman, compositor e profesor de jazz. EV canta un repertorio moi variado, indo do jazz ao folk, o góspel ou o clásico sen maior problema. Este coro posúe un forte compromiso e dedicación que lles permite ofrecer cada ano ata 8 programas diferentes, en moitos casos acompañados de músicos de clásica ou jazz de primeira clase

Coro da ra

O Coro da Ra é o coro residente de Estudio, Escola de Música, de Santiago de Compostela. Foi fundado no ano 1993 polo que é o seu director desde entón, Ramón Bermejo. Está formado por 35 voces mixtas, a maior parte delas cantantes amateurs, pero tamén conta nas súas filas con grandes profesionais da escena musical galega.

O seu repertorio céntrase na música popular moderna, sobre todo en estilos como o soul, o gospel, o jazz, o rock, o pop, ou a música étnica.

O Coro da Ra levou os seus espectáculos aos máis grandes teatros de Galicia (García Barbón, de Vigo; Teatro Colón, de A Coruña; Salón Teatro, de Santiago; Pazo da Cultura e Teatro Principal, de Pontevedra, etc.)

Programa:

–  Shine On You Crazy Diamond (Waters/Wright/Gilmour) Arr.: Lucas Rei Ramos

–  Living For The City (S. Wonder) Arr.: Lucas Rei Ramos

–  Gold Herança (Trio Esperança)

–  Onda Soante (Fran Pérez, Narf) Arr.: Manuel Abraldes

–  Bohemian Rhapsody: (F. Mercury)

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies