Encontro internacional sobre novas fronteiras en biomateriais

0

Compostela, 17 de abril do 2018 – O Instituto de Cerámica da USC organiza de xeito conxunto co Imperial College London o noveno International Workshop on interfaces dedicado ás novas fronteiras en biomateriais. Esta é unha cita que se celebra cada tres ano dende 1991 e que nesta ocasión se desenvolve no edificio Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) en Campus.

O obxectivo deste encontro é crear unha rede de persoal investigador de campos interdisciplinares que contribúan ao avance do coñecemento arredor dos biomateriais. O encontro permite avaliar o estado actual da investigación neste eido ao tempo que establecer colaboracións e identificar futuras oportunidades de cooperación investigadora dentro dun abano de temas que contribúan directamente ao desenvolvemento de novas tecnoloxías baseadas en materiais.

Está prevista a participación de expertos e investigadores líderes internacionais en fabricación aditiva e bioimpresión, control estrutural en diferentes escalas de lonxitude, interaccións de materiais celulares, biomineralización, materiais bioinspirados, tecnoloxías para a reparación de tecidos duros e brandos e novas técnicas de imaxe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies