займ срочно

Enfado na alcaldía de Negreira por non ser invitados a un acto de Agader

0

Negreira, 5 de marzo do 2019 – O alcalde de Negreira, Jorge Tuñas, lamentou á utilización “partidista e electoral” do delegado da Xunta nun acto para presentar un proxecto de Agader.

O alcalde transmitiu o seu malestar ao non ser convidado á visita que o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, realizou ao municipio. O delegado achegouse ao concello para visitar un hotel subvencionado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). En lugar de convidar ao rexedor, Rodeiro visitou o lugar acompañado polo candidato do Partido Popular de Negreira, Rubén Suárez e outras persoas afíns a tal formación política.

O rexedor,  Tuñas Caamaño, explica que “o candidato do PP non ten ningunha vinculación coa administración local. O mínimo que hai que ter é respecto institucional, lle guste ou non lle guste son eu o alcalde do pobo. Que non cometan a desfachatez de chamar a alguén que non ten que ver coa institución local. Non se pode facer campaña con isto”.

O alcalde xa puxo en coñecemento da Delegación Territorial o seu descontento con respecto a esta situación que, ademais, xa ocorrera con anterioridade. En concreto, o rexedor referiuse a unha inauguración dun curso do 112 destinado ás agrupacións de Protección Civil onde tamén se contou coa presenza do candidato do Partido Popular.

“Sabemos que o único que queren é promocionar o seu candidato á alcaldía, pasando por alto os principios de respeto institucional que deben manterse entre as administracións. Os veciños e veciñas de Negreira merecen respeto igual que a cidadanía doutros concellos. E quen os representa é o alcalde do Concello, sexa do partido que sexa” explicou o primeiro edil.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies