Abre o enlace entre a autovía de Noia e Portobravo en Lousame

0

Lousame, 24 de maio do 2018 –  A Xunta de Galicia abriu á circulación a vía de conexión do núcleo de Portobravo (Lousame) coa vía de altas prestacións Brión-Noia, en Sampaio (Noia). Unha actuación na que se investiron 1,3 millóns de euros e cuxa posta en servizo conseguiu adiantarse en medio ano.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acompañado polos alcaldes de Lousame e Noia, Teresa Villaverde e Santiago Freire, salientou a rápida execución da unión con Portobravo. unha actuación da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, iniciada en xuño de 2017. Neste senso, lembrou que os 18 meses de prazo inicial previsto para a execución destas obras veuse finalmente acurtado, sendo agora esta infraestrutura “unha realidade para os veciños e veciñas da contorna”.

Un punto no que fixo fincapé Teresa Villaverde xa que “estaba previsto inaugurarse a finais de verán e estamos abríndoa á veciñanza en maio, o que demostra a aposta da Xunta por esta comarca. Esta nova vía suporá que o acceso dos veciños e veciñas de Lousame ás vías de conexión con Santiago sexa máis rápido e seguro”. Neste sentido, indicou que “non é unha estrada moi longa pero beneficiará o tráfico rodado de saída de Portobravo, Tállara, Cruído, Lousame… que agora está empregando unha pequena rúa moi estreita”.

Pola súa banda, Santiago Freire asegurou que “é unha boa nova para os veciños tanto de Noia como de Lousame, que terán unha mellor conexión con Santiago”. En concreto, o alcalde de Noia salientou que esta actuación “supón incrementar a seguridade viaria na travesía da Rasa e responde tamén a unha demanda de articular as conexións interiores cara o Concello de Boiro e Arousa Norte”.

Nova infraestrutura

A nova infraestrutura viaria ten unha lonxitude de 900 metros e iníciase pasada a ponte de Portobravo ata conectar coa VAP de Brión-Noia, reducindo en case cinco minutos o traxecto alternativo. Con esta nova conexión os usuarios poderán aforrarse un percorrido dun quilómetro e evitarán varias interseccións con outras vías, en especial coa travesía de Noia.

Neste senso, Ovidio Rodeiro, lembrou que esta vía, que discorre polo termo municipal de Noia, beneficiará directamente aos veciños de Lousame, favorecendo a demandada de conexión directa coa vía de altas prestacións Brión-Noia. Dotando tamén dunha mellor conectividade ao núcleo de Noia e ao seu polígono industrial.

Este novo acceso a Portobravo evitará o emprego da actual intersección de reducida visibilidade entras as estradas AC-311 e AC-308, situada na travesía de Noia. As conexións coas dúas estradas autonómicas realízase mediante glorieta.

Para o delegado territorial “a posta en marcha desta nova estrada suporá un antes e un despois para a mobilidade desta zona xa que ademais de aforrar tempo se mellora a mobilidade a a seguridade dos condutores e peóns”. En total, esta vía dará servizo aos case 18.000 habitantes que suman conxuntamente estes dos concellos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies