займ срочно

Acto para reclamar un enlace coa autoestrada AP9 en Teo

0

Teo, 26 de xaneiro do 2018 – O BNG de Teo ven de reclamar unha enlace coa AP9 no concello e que a concesionaria pague o correspondente IBI.

Os nacionalistas explican que a AP9 é unha vía que non supón ningún beneficio malia atravesar todo o termo municipal. A concesionaria da AP9 só paga 5% do IBI que lle corresponde, por unha exención realizada no franquismo, e non ten nin entrada nin saída no concello.

En novembro de 2015, aprobouse unha moción na que se reclamaba ao Ministerio de Fomento a construción de vías de entrada e saída na autoestrada, como unha forma de repercutir na veciñanza do concello os efectos desta vía de alta capacidade, así como para liberar tránsito doutras vías como a N-550.

O BNG rexeita tamén a suba extraordinaria autorizada polo Goberno que se levará a cabo durante os próximos 3 anos, que para 2018 vai ser do 3,81% para todos os tramos da AP-9, e que vén representar o dobre do IPC.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies