займ срочно

Remata o prazo para participar en Enreguéifate, o certamde video do departamento de lingua de Compostela

0

Compostela, 26 de abril do 2017 – O vindeiro domingo, 30 de abril, concluirá o prazo para participar no certame de regueifas en vídeo Enreguéifate. Esta iniciativa, promovida polo Departamento Municipal de Lingua, enmárcase dentro dunha campaña desenvolvida polo Concello compostelán co obxecto de apoiar a difusión desta forma de improvisación oral tradicional e contribuír a través dela á promoción do uso da lingua galega.

A participación é de balde e concrétase enviando un vídeo (máximo 3 minutos) no que saian, cando menos, dúas persoas regueifando en lingua galega. Os vídeos poden subirse directamente á páxina de Facebook do proxecto ou enviarse ao correo da convocatoria

enregueifate@santiagodecompostela.gal

Nos dous casos hai que mandar complementariamente a ficha de inscrición, dispoñible no sitio web enregueifate.santiagodecompostela.gal, onde tamén se poden consultar as bases completas.

Unha vez rematado o prazo para participar, o xurado escollerá en cada categoría a regueifa máis brava, a máis aguda, a máis diversa, a máis reivindicativa, a mellor cantada e a mellor falada. Ademais destes regueipremios especiais, todas as persoas e centros educativos que participen recibirán agasallos no día da entrega de premios, que terá lugar o vindeiro 12 de maio no Auditorio de Galicia, coincidindo co festival de presentación do proxecto Regueifesta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies