займ срочно

Seguimos coñecendo aos alcaldes da bisbarra e cruzamos de provincia para chegar a Silleda

O actual alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, leva xa 3 lexislatura loitando por cambiar o seu pobo. Primeiro como tenente de alcalde no 2007 ata que unha moción de censura apartou aos socialistas do goberno. No 2011 recuperan a volve ao posto con Paula Fernández como alcaldesa ata que é elixida senadora por designación autonómica e convertese él en alcalde. No 2015 renova o cargo xa con maioría absoluta coa que goberna na actualidade.
Nos últimos 3 anos conseguiu un aforro de 900.000 euros sen que iso supuxera deixar de facer obras, apoiar a cultura e o deporte ou implementar plans de emprego e cursos de formación. Nos últimos tempos todos miran cara o seu concello porque o Ministerio do Interior autorizou un referendo para decidir si se traslada a casa consistorial do lugar no que está desde 1870. Queda claro que sobran motivos e temas para falar con este alcalde.

Comezamos pedíndolle unha valoración da situación do concello dado todo o que custou conseguir a estabilidade actual

Silleda pasou dun endebedamento superior ao 200% no 2007 a un 40% do presuposto na actualidade. Manuel Cuiña explica que unha das claves de este cambio foi a recadación de impostos, xa que moitas grandes empresas non os pagaban, e a axilidade para conseguir todas as subvencións posibles

Preguntámonos, e lle trasladamos a cuestión, si o PSdeGa e o Psoe non deberían mirar máis aos concellos como o de Silleda e alcaldes como Manuel Cuiña que, como el di, gañan eleccións e fan boas xestións

A decisión de cambiar de ubicación a Casa do Concello se comprende cando se visita, non é doado traballar no 2017 cunha edificación do 1870, hai máis funcionarios traballando fora que dentro do concello

resulta evidente que unha consulta popular como esta abre a porta a que outros concellos fagan o mesmo, Manuel Cuiña entende que non se pode preguntar todo pero si é unha decisión importante este tipo de referendo “engrandece a democracia”

Silleda tivo no pasado algunha diferenza de criterio cos empresarios do polígono Área 33. Hoxe en día, superada esa situación, a colaboración é absoluta e traballan na posta en marcha dun viveiro de empresas.

Outra das iconas de Silleda é o Recinto Feiral da Fundación Semana Verde e a propia feira. Manuel Cuiña conseguiu chegar a acordos para que Silleda use as instalacións e traballan en proxectos a medio prazo que poden ser moi interesantes aínda que non se poidan desvelar.

Toda a zona do Ulla e do Deza vive a cultura desde fai moitos anos ao marxe dos equipos de goberno. A chegada do Psoe axudou a que ese traballo se vira reforzado, hai que lembrar que algunha asociación estaba vetada no pasado no concello. Manuel Cuiña fala con orgullo de todo isto

Manuel Cuiña da a impresión de estar onde quere estar, de disfrutar co que fai no seu pobo e polo seu pobo. Cando se lle pregunta por iso, polo que supón ser o alcalde do seu pobo ensancha o sorriso e fala con naturalidade do gratificante que resulta traballar para os veciños

O cambio dado por Silleda é posible que non se perciba na súa totalidade, son pequenos pasos en moitos ámbitos que cando se xuntan debuxan un concello que pasou da UVI a prepararse para correr unha maratón. Manuel Cuiña é un alcalde que transmite unha sensación moi clara de seguridade, de saber que pobo quere e de estar disposto a traballar para conseguilo. Os veciños polo momento parecen dicir que non se equivoca.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies