займ срочно

Compostela, 26 de febreiro do 2017 – Quedamos con María Solar nunha céntrica cafetería de Compostela, como boa xornalista enseguida resulta evidente que o café é imprescindible na súa dieta matutina. E doado falar con ela porque gústalle tanto contar como escoitar e desde o primeiro momento contamos e escoitamos.

É licenciada en bioloxía e xornalismo, diplomada en maxisterio e especialista en información ecolóxica e medio ambiental. Foi actriz de dobraxe e traballa na actualidade presentando o magacine da fin de semana na TVG.
Tras os enormes ollos de María Solar agóchanse un montón de mundos, un ten a sensación de que só uns poucos deses universos chegan as páxinas dos seus libros. A primeira historia de ficción, xa tiña escrito libros educativos sobre bioloxía por encarga, chegou ao prelo por casualidade. As veces a vida quítache cousas para darche outras e nun de eses momentos chegou a primeira publicación propia.

María explica que a vida sempre está no que escribe, non a súa pero si os sentimentos que lle provoca

Un cae no erro de pensar que a súa faceta de nai a levou a escribir para cativos, a realidade é que segue a ser una cativa á que lle gusta escribir

Escribe para todo o mundo, ela conta e o contado marca o tipo de lector, así chegou “As horas roubadas” o primeiro libro para adultos

É nai e traballa e iso marca moito os tempos. Antes de escribir as ideas pasan un tempo dando voltas pola cabeza e cando comeza a aparecer algo máis concreto tódolos momentos son poucos para sacalo adiante

Os nenos da variola

[columns]

[column size=”1/2″]María Solar vive un momento moi especial. Acaba de publicar “Os nenos da variola”, a historia da primeira vacina do mundo e de como nenos dos hospicios de Madrid, Coruña e Santiago serviron de portadores para que puidera chegar a América. Para María é mais que unha novela, é recoñecer a importancia dunha xesta que quedara esquecida nas páxinas da historia

En esta novela cobra un especial protagonismo Isabel Zendal, unha muller da que só sabemos que embarcou , co seu propio fillo, coa finalidade de coidar dos cativos na viaxe e que nunca volveu

A novela, que se le de xeito moi doado, deixa sen embargo na conciencia un gusto amargo. Nas páxinas de “Os nenos da variola” descubrimos un país cheo de miseria que nos lembra moito a traxedia que hoxe viven os refuxiados. María explica que a simple idea de ter un lugar destinado para deixar aos nenos, como era o torno da inclusa, é tremenda

Unha das actividades vinculadas a presentación do libro foi a colocación dunha placa conmemorativa no Hostal dos Reis Católicos, no mesmo espazo no que se atopaba o torno. Era unha débeda pendente que a Compostela acolleu con entusiasmo

María escribe en galego o que non impide, como algúns pensan, a difusión da obra fora de Galicia

[/column]

[column size=”1/2″]

[/column]
[/columns]

María Solar co director do Hostal, Julio Castro e o de Galaxia Francisco Castro diante da placa

Placa situada no Hostal no Lugar no que se situaba a inclusa

Na actualidade María Solar traballa nun libro de xornalismo xunto con Luís Fraga e mentres segue aproveitando os ratos libres para ir pensando novas historias. Quédanlle moitos libros por escribir pero “Os nenos da variola” sempre terá un lugar especial no seu corazón, no noso e no da cidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies