Compostela, 25 de febreiro do 2017 – Chegamos ao Pazo de Raxoi o día no que Martiño Noriega cumpre 42 anos. Mantén esa calma que sorprende a quen non o coñece pero que ten que ver co que lle din as amizades máis intimas: que se atopa cómodo na incomodidade. No mes de xullo cando o entrevistamos despois das eleccións unha das frases que nos deixaba era “vivo instalado no Carpe Diem”.

O último ano e medio non foi sinxelo. A chegada ao concello de Compostela Aberta desatou unha guerra na que os medios de comunicación, algúns en especial, actuaron como si lles roubaran o concello, e a oposición non axudou tampouco a normalizar as cousas. O recente acordo sobre os orzamentos, conseguido cun amplo consenso dos funcionarios, o apoio do BNG e a abstención en positivo do Psoe pode servir según Noriega como punto de inflexión.

Outro tema que avanza, as veces sen presa pero sen pausa, é a nova depuradora de O Souto. A infraestructura repercutirá no coidado do Sar polo que afecta a boa parte da bisbarra pero afectará tamén directamente a Ames que, de xeito un tanto estraño, quedou fora da comisión que vixía o proxecto.

A hostalería foi outra das loitas nas que en este ano e medio tivo que meterse o novo equipo de goberno con Martiño Noriega á fronte. Na liorta quedou, polo momento, ferido o concelleiro Jorge Duarte. O conflito co sector non é novo, combinar negocio e convivencia nunca foi doado pero parece que polo menos comeza a atoparse un punto intermedio.

Vivimos tempos no que avanzar en situacións paradas desde hai tempo tamén serve para polemizar. A futura estación intermodal non escapou a ese ambiente e criticouse a inversión e o tamaño. Martiño Noriega prefire ver o proxecto como o corazón integrador dun área metropolitana de 150.000 habitantes e na que tamén tería que estar incluído o transporte metropolitano.

Preguntamos por eses constantes ataques as decisións do goberno municipal. Sorprende o protagonismo que parecen ter as críticas fronte ó desapercibido que pasan as malas xestións de gobernos pasados e que están provocando, na actualidade,  custos e lentitude na administración da cidade.

 

En ese ambiente ten que leirar Martiño Noriega coa presidencia da Xunta, ineludible interlocutor en infinidade de temas pero as veces oposición política máis que departamento institucional.

Nesa búsqueda de acordos e boas relacións entran os concellos da bisbarra. Mostra de eses acordos son os recentes con Boqueixón para dotar de auga ao aeroporto de Lavacolla e a certas parroquias de Compostela. O alcalde cre que so conseguindo primeiro un bo ambiente de traballo poderase no futuro avanzar cara a uns servizos compartidos por varios municipios.

Rematamos preguntándolle por como se levantou o dia do seu cumpreanos. Martiño Noriega recorre a figuras deportivas para expresar ese momento de loita e reflexión constante no que se atopa desde hai ano e medio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial