Alcaldes. Toques, Miguel Buján

0

Toques é un pequeno concello situado á sombra de Melide. Con pouco máis de 1.200 habitantes é o exemplo perfecto do rural afastado das grandes urbes e esquecido por case todo o mundo.

O seu alcalde, Miguel Buján, é unha persoa que coñece esta Galicia profunda moi de cerca. Con máis de 20 anos as costas como funcionario do concello e varios como rexedor sabe das necesidade de Toques mellor que ninguén.

Alcaldes. Toques, Miguel BujánBuján non gusta do despacho prefire a rúa e falar coa xente. Non é só o despacho, o nome de alcalde tampouco lle vai; prefire considerarse un axente social que axude á veciñanza. Falar con él é entrar na realidade do rural de Toques, de Galicia,  e máis alá de repasar as distintas áreas de traballo un ten que escoitar e ir acumulando as partes dunha fotografía moi complexa que comeza hai máis de 30 anos

Pese a esta visión tan gris o alcalde non se resigna a ser un “concello de sobreviventes” e cre que hai tempo para dar unha vida digna aos veciños, aínda que eles terán tamén que poñer da súa parte e non resignarse

Alcaldes. Toques, Miguel BujánCon tan poucos habitantes é difícil non preguntar pola fusión de concellos, unha idea moi debate e que de súpeto desapareceu das portadas. Como outros alcaldes con experiencia Miguel Bujan non considera que os concellos sexan o problema; o mal funcionamento, ou a parálise, de outras estruturas como as mancomunidades é que xera situacións de desigualdade nas que as urbes sempre gañan

Quedámonos con esa frase “a realidade está nos servizos”, o problema xurde, en Toques e en moitos pequenos concellos, cando non se comparten e se converten en deficitarios

Preguntamos polas oportunidades que pode traer para o rural a crise actual e volvemos ao centro da cuestión: se non se apoia aos concellos máis pequenos para que poidan dar servizos será difícil que a xente se achegue alí

Alcaldes. Toques, Miguel BujánEntre ese servizos está a conectividade, algo que no rural de Toques é case unha utopía cando hai lugares que nin repetidor de televisión teñen

O corenta por cento do concello de Toques está en zona de Rede Natura. o que podería ser unha oportunidade convertese nun lastre pola falta de apoios aos veciños que viven baixo as restricións impostas por este tipo de espazos

Miguel Buján é teimudo e pese a ofrecer unha realista visión de Toques sempre deixa sitio á esperanza. Unha vez máis da a sensación de que hai dous mundos moi distintos que nunca se chegan a tocar; o da autonomía e as cidades e o dos pobos e aldeas. Buján transmite urxencia cando fala, necesidade, pero tamén que queda tempo si se quere. Agardemos que o escoiten.

Alcaldes. Toques, Miguel Buján

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial