займ срочно

EntroidON en Teo como alternativa á rúa

0

Teo, 26 de xaneiro do 2021 – O concello de Teo propón un EntroidON como alternativa a unha das celebracións máis tradicionais e que se verá afectada de xeito directo pola pandemia.

A Concellaría de Cultura de Teo preparou unha alternativa que se adapte as novas restricións e á situación xeral que viven celebracións como esta.  Este EntroidON contará coa colaboración da Asociación Cultural O Pozo da Xerpa de Rarís, Asociación Cultural o Demo de Reis e Asociación Cultural de Festexos O Carme de Teo.

Xenerais nas redes

O proxecto colaborativo consistirá en celebrar o Entroido Tradicional dos Xenerais da Ulla nas datas propias de celebración do Entroido das propias parroquias pero en versión dixital e a través das redes sociais.

O termo EntroidON, explican desde o concello “expresa que queremos manter o Entroido vivo, aceso, con dinamismo, e en movemento, baixo a idea de seguir conservando as datas particulares e as tradicións culturais”.

Visibilidade aos Xenerais da Ulla

As asociacións participantes mostrarán nas redes fotos e vídeos do Entroido 2021 feitas dende as casas das persoas integrantes. haberá espazo para manter os tradicionais atranques ou altos que serán gravados previamente, sen público e coas medidas pertinentes e que serán publicados nas redes sociais para visualizar nos días e hora de costume segundo manda a tradición.

SONY DSC

A través do EntroidON farase tamén unha pequena homenaxe ás entidades e persoas colaboradoras que dende as distintas parroquias, entidades e colectivos de Teo colaboran de xeito altruista na conservación e posta en marcha dos Entroidos Tradicionais dos Xenerais da Ulla.

Redes Sociais

https://www.facebook.com/culturaconcellodeteo

https://www.facebook.com/bibliotecas.municipais.deteo

https://www.facebook.com/ConcellodeTeo

https://mediatecadogrilo.wordpress.com/

As datas 

Domingo 31 de xaneiro o EntroidON dos Xenerais da parroquia de Rarís coa Asociación Cultural O Pozo da Xerpa ás 19:00 horas.

Sábado 6 e domingo 7 o EntroidON dos Xenerais da parroaquia de Reis coa Asociación Cultural O Demo de Reis ás 19:00 horas.

Sábado 13 o EntroidON dos Xenerais da parroquia de Santa María de Teo coa Asociación Cultural de Festexos O Carme de Teo ás 19:00 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies