займ срочно

A época de Napoleón chega a Ponte Ledesma

0

Boqueixón, 27 de febreiro do 2018 – O Concello de Boqueixón, en colaboración co veciño de Vila de Cruces, organiza dúas visitas teatralizadas á Ponte Ledesma nas que se lembrará a época napoleónica.

A primeira das sesións terá lugar este domingo 4 de marzo ás 12 da mañá e a segunda ofrecerase o sábado 10 de marzo á mesma hora. O punto de inicio das visitas será o Campo do Río de Ledesma.

Con esta actividade conmemóranse os 209 anos da batalla que se librou nesta emblemática ponte entre as tropas de Napoleón e o exército de campesiños ao mando de Benito Martínez. O guía turístico e actor Suso Martínez será o encargado de encarnar ao capitán que logrou conter, aínda que fose temporalmente, o avance do exército francés grazas ao apoio dos campesiños que batallaron armados con trabucos e apeiros de labranza.

Os asistentes poderán revivir esta batalla recorrendo a ponte e os seus arredores a través das indicacións de Benito Martínez, que resucitará para explicar o episodio con todo detalle. Unha excelente oportunidade para descubrir a historia en torno a este importante enclave histórico e cultural.

Inscrición previa

Os interesados en participaren nestas visitas teatralizadas gratuítas deberán inscribirse ben no Concello de Boqueixón (no teléfono 981 513 061 ou no e-mail boqueixonturismo@gmail.com), ben no de Vila de Cruces (chamando ao 986 582 017 ou enviando un correo electrónico a concellodeviladecruces@gmail.com). O período para inscribirse á actividade conclúe o venres anterior a cada unha das representacións (2 de marzo e 9 de marzo, respectivamente).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies