Erasmus en Padrón

0

Padrón, 7 de abril do 2018 – O concello de Padrón recibiu a visita de técnicos de xuventude, emprego e políticos europeos do programa Erasmus +.

A delegación, formada por unha vintena de técnicos de xuventude, emprego, responsables políticos e líderes xuvenís de seis países europeos (Bulgaria, Portugal, Italia, Francia, Grecia e España), atópase de visita esta semana en Galicia, dentro do Programa Erasmus + K1 Proxecto Combinado. Esta iniciativa, que leva por título “Economía Circular: métodos de traballo sostibles para o futuro”, ten como finalidade estudar e dar a coñecer as boas e malas prácticas no campo da economía circular en Galicia.

Da expedición, que foi recibida no consitorio polo alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e polos concelleiros de Turismo, Lorena Couso, e Festexos, Ángel Rodríguez, porman parte os partners do proxecto procedentes de Pavlikeni (Bulgaria), Buarcos (Portugal), Forza D´Agró (Italia), Lisses y Avignon (Francia), Tesalónica (Grecia) e España. Ademais de aproveitar a súa estancia en Galicia ata o domingo para visitar localidades e cidades como Padrón, Santiago, A Coruña ou Noia, o grupo está a aproveitar a viaxe para visitar empresas como Cortizo ou Sogama, ademais do Parlamento de Galicia ou a Casa Museo Rosalía de Castro, entre outros lugares.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial