займ срочно

XII Concurso de Escaparates de Nadal do Concello de Ames

0

Ames, 5 de decembro do 21017 – O Concello de Ames, a través da Concellaría de Comercio e Promoción Económica, volve convocar, un ano máis, o Concurso de Escaparates de Nadal.

1º premio 2016 –  Rosi Redondo

As persoas que queiran participar deberán engalanar os seus escaparates con motivos relacionados co Nadal, prestando atención á orixinalidade para conseguir a atracción do público. Os escaparates deberán permanecer expostos entre o 15 de decembro de 2017 e o 6 de xaneiro de 2018. As solicitudes de inscrición poderán entregarse no rexistro municipal ata o vindeiro 11 de decembro.

As persoas titulares de comercios interesadas en participar deberán entregar o impreso de solicitude no rexistro da Casa do Concello, en Bertamiráns, ou nas Oficinas Municipais do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas. A inscrición nesta actividade é totalmente gratuíta.

2º premio 2016 – Puntadas de Marzo

Aqueles escaparates que non se atopen montados no momento da visita dalgunha das persoas que conformen o xurado quedará excluído do concurso. O xurado estará composto por unha persoa representante de cada unha das tres asociacións de comerciantes do concello, así como por unha persoa representante da asociación de Consumidores de Galicia (UCGAL). O xurado contará coa asistencia dunha ou dun técnico especialista, a designar pola Alcaldía. Así mesmo, persoal pertencente á Concellaría de Promoción Económica actuará como secretario.

3º premio 2016 – Arola Complementos

O fallo do xurado darase a coñecer o 21 de decembro de 2017. O primeiro, segundo e terceiro establecemento clasificado recibirá, respectivamente, 1000, 700 e 400 euros. Uns importes aos que se lles aplicará a retención do IRPF que corresponda no momento da entrega de premios. Alén diso, o concurso tamén contará co Premio Especial do Público, o cal premiará a un establecemento do Milladoiro e outro de Bertamiráns con 200€. Para iso entregaráselle a cada local 150 boletos a repartir entre a súa clientela. O resultado das votacións do público serán publicados a finais do mes de xaneiro de 2018. Os establecementos seleccionados polo xurado e polo público gozarán, ademais, da cesión de espazos publicitarios gratuítos en Ames Radio durante un mes consecutivo, en función das necesidades da programación da radio municipal.

Os boletos coas votacións do público, que deberán ser entregados con todos os datos cubertos e asinados no espazo correspondente, depositaranse nas urnas colocadas para elo na Casa da Cultura e na Casa do Concello, en Bertamiráns, ou na Casa da Cultura e na Biblioteca, no Milladoiro, entre o 15 de decembro e o 5 de xaneiro. No caso de que algún boleto presente algún campo baleiro, será considerado nulo. Ademais, só serán contabilizados un número máximo de 10 votos por persoa. As clientas e clientes que voten no concurso participarán dun sorte de tres talóns valorados en 300 euros cada un.
O sorteo terá lugar unha vez rematado o período de Nadal, o mesmo día en que se realice o reconto dos votos do público. Para escoller ás persoas gañadoras, extraeranse tres boletos ao azar. Do mesmo xeito, tamén se retirarán outros seis boletos, que serán asignados ás persoas suplentes na mesma orde en que foron retirados da urna. O nome das persoas gañadoras dos cheques, así como o das suplentes, darase a coñecer o mesmo día que os nomes dos establecementos máis votados polo público.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies