XVIII edición do Concurso de Escaparates de Nadal de Silleda

0

Silleda, 6 de decembro do 2017 –  O Concurso de Escaparates de Nadal organizado polo Concello de Silleda a través do departamento municipal de Comercio comeza como parte do programa de estas datas.

Gañadores da edición do 2016

O obxectivo do concurso de Escaparates de Nadal, que acada xa a 18 edición, é estimular nos comerciantes e empresas do municipio o movemento dos escaparates, de maneira que se dispoñan artisticamente e con sentido publicitario e comercial os produtos que se mostran.

Poderán participar todos os comerciantes e empresarios do Concello que posúan escaparates de exterior preparados de acordo cas condicións xerais que regulan o concurso. 

Unha comisión de admisión encargarase nos vindeiros días de determinar qué Escaparates de Nadal entrarán a formar parte do grupo de seleccionados para o concurso final.

Outorgaranse tres premios: un primeiro do Concello de Silleda dotado con 200 euros, un segundo premio ,  dotado con 150 euros que aporta o Hotel Vía Argentum (ao escaparate máis orixinal e innovador)  e un terceiro de 100 euros por xentileza de Estación de Servicio Silleda, ao escaparate máis comercial con exposición de produto. Os establecementos galardoados recibirán ademais cadanseu diploma.

O xurado valorará entre outras cuestións a orixinalidade e innovación, iluminación dos escaparates e tamén o seu carácter comercial á hora de amosar o produto.  Tendo en conta as diferenzas existentes entre os distintos comercios e os produtos que se poden expoñer, valoraranse os medios e recursos cos que se contan así como o esforzo feito en cada traballo.

Os premios serán entregados o vindeiro día 4 de xaneiro no Salón de Plenos de Concello.

O xurado desta 18 edición do certame de escaparates estará integrado por profesoras e alumnos do  Ciclo Superior de Xestión Comercial  e Marketing do IES Pintor Colmeiro de Silleda, que non poderán ter relación directa cos participantes no concurso.

Durante estes días, intentarase non modificar o escaparate concursante en canto ó contido  e non poderán engadirse carteis ou reclamos que modifiquen o verdadeiro  espírito do concurso. Tamén se deberán manter os escaparates iluminados ata as 21:00 horas co desexo de dar maior promoción ao comercio do municipio. Nos deseños ou exposicións deberán ofrecerse detalles alusivos ás festas do momento, con presenza obrigada de produtos de venda do establecemento, sendo libre a temática a empregar. Valorarase o esforzo por renovar os escaparates e o uso do galego nas mensaxes.

Dende a Concellería de Comercio agradécese a participación tanto dos comercio como das firmas e entidades colaboradoras así como a colaboración dos membros do xurado.  

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies