Óptica Silva, Floristería Carmiña e María Lodeiro Decoración gañan o 18 Concurso de Escaparates de Nadal de Silleda

0

Silleda, 26 de Nadal do 2017 – O Concurso de Escaparates Nadal en Galego convocado pola Concellería de Comercio e Industria de Silleda, que dirixe Benito Saavedra, xa ten novos gañadores.

O xurado do concurso de escaparates  estivo formado polo alumnado e mestres do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais do IES Pintor Colmeiro de Silleda. Este ano decidiron que Óptica Silva, un dos establecementos máis premiados dos últimos anos, levara o primeiro premio dotado con 200 euros que aporta o Concello de Silleda.

O segundo, ao máis orixinal e innovador –con 150 €premio patrocinado polo hotel Vía Argentum- é para Floristeria Carmiña, outro dos habituais no pódium silledense dos escaparates navideños.

O terceiro premio ao escaparate máis orixinal con exposición de produto é para María Lodeiro Decoración (100 euros que aporta Estación de Servizo de Silleda.

O xurado estivo presisido por Benito Saavedra, e integrado por Cristina Cimadevila, Noelia Eiriz, Sergio Esperante, Bárbara García, Mª José Mendoza, Sergio Pampín, Brais Pol, Benito Troitiño, Adrián Varela, Beatriz Villamayor Silva, (Alumnos do ciclo); e as mestras Mª Teresa López ,  Rosa Mª Rodríguez García e María Helena González Lois. Como secretario actuou o traballador municipal Alfredo Abeledo. En total participaron 72 establecementos (64 de Silleda e 6 de A Bandeira), once máis respecto a edición anterior.

Os premios entréganse o vindeiro dia 4 de xaneiro no Salón de Plenos. Benito Saavedra agradece o esforzo realizado polos comerciantes e o traballo do alumnado e mestres do ciclo, con que mañá manterá un encontro na aula para intercambiar impresións sobre esta iniciativa e entregarlles tamén cadanseu diploma.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial