A Escola de Música a Central Folque abre o curso cun concerto no Auditorio

0

Compostela, 10 de outubro do 2017- O proxecto docente co que naceu a Central Folque hai máis de quince anos (daquela baixo o nome de Conservatorio de Música Tradicional e Folque) abre un ano máis as súas aulas.

Agora denominado Escola de Música Popular e Avanzada (EMPA),  a Central Folque ofrece un lugar para a aprendizaxe, a práctica e a relación arredor da música de raíz galega cun enfoque contemporáneo e aberto. A concelleira de Acción Cultural, Branca Nonoveyra presentou esta mañá na Casa do Concello o programa do novo curso en compaña de Marcos Sanín, coordinador da escola, e de Alba María, cantante, profesora da EMPA e antiga alumna da escola. Branca Novoneyra salientou o valor deste proxecto docente d’aCentral Folque en tanto “posta en valor da nosa cultura e do compromiso coa súa anovación, co continuo tecer do relato sonoro do país”.

Pola súa banda, Mauro Sanín destacou o compromiso da escola coa aprendizaxe “da música popular como elemento patrimonial identificativo da nosa cultura que, á vez, nos conecta co resto do mundo”. Sanín detallou a oferta de ensino da EMPA en disciplinas coma baile, canto, frautas, zanfona, violín, harmonía aplicada, solfexo, ou regueifa, a través actividades individuais e/ou colectivas que se dirixen tanto ao alumnado que desexa achegarse por primeira vez aos instrumentos e técnicas, como a músicos con formación noutras disciplinas que queren coñecer a música galega tradicional a través da súa historia, análise musical, repertorio e arranxos.

O coordinador da Central Folque destacou a posta en marcha dun curso maxistral de dous anos de duración, orientado a persoas xa iniciadas na música popular galega. Unha iniciativa de formación avanzada que ofrece un estudo amplo e profundo do legado musical galego unido á ensinanza de linguaxes e métodos de vangarda.

Profesora de parte das disciplinas impartidas no curso maxistral, e antiga alumna da escola, Alba María dixo de si mesma ser “un pequeno anaco da esa escola que nos permite tocar a tradición coas mans e facer parte dela, co coñecemento das súas fontes”. A cantante convidou ás persoas asistentes a participar no concerto de presentación do curso que terá lugar na Sala Mozart do Auditorio de Galicia hoxe ás 20.30 h.  Será un recital con actuacións de músicos da escola, mestres e alumnado que os últimos anos teñen aprendido no centro, con artistas como Alejandro Vargas, Paulina Ceremuzynska, Javier Maíra Álvarez, Óscar Fernández ou María Blanco. Contará coa convidada especial Rosa Cedrón, que interpretará algunha das cancións de José Castro ‘Chané’, acompañada ao piano de Alejandro Vargas. A entrada é de balde até completar aforo.

No equipo docente da EMPA  participan máis de vinte especialistas e, ao tempo, músicos en activo ,  que interveñen no ensino regular como Alejandro Vargas, Alba María, Óscar Fernández, Roberto Sala, María G. Blanco, Ramon Pinheiro, Pablo Pérez,  Sergio de la Ossa, Paulina Ceremuzynska, Serxio Cobos, Javier María López e convidados para seminarios especiais coma Dorothé Schubart, Fernando Abreu, Tomás Ageitos, Olga Kirk, Felisa Segade, Paulo p, Óscar Ibáñez, Pedro Fariñas, Xavier Groba, Carme Iglesias, Jose Luís do Pico, Rosalía Rodríguez, David ou David Bellas.

Máis informaciónen:  http://www.folque.com/01.140415wp/ensino/escola-musica-popular-avanzada/

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies