Aberto o prazo de inscrición na Escola de Baloncesto de Silleda

0

Silleda, 6 de setembro do 2018 –  A Escola de Baloncesto de Silleda, dirixida a nenos e nenas dos 6 anos en adiante  e xestionada polo Obradoiro CAB, retoma a súa actividade este mes.

As inscricións poderán realizarse dende hoxe e ata o día 13 na Casa da Xuventude (aberta de martes a sábado polas tardes en horario de 16:00 a 20:00 horas) . O prezo da actividade é de 15 euros ao mes e as clases da escola de baloncesto impartiranse no pavillón César G. Fares. As inscricións deben de realizalas tanto os alumnos/as de nova incorporación coma os que xa participaron no centro dende a súa apertura no mes de abril.  

O pasado mes de abril a Escola de Baloncesto de Silleda botou a andar con máis de 30 nenos e nenas e nesta nota etapa buscarase dar un paso máis formando equipos para competir xa esta tempada nas diferentes categorías.

Dende a Concellería de Deportes, Ana Luisa González, anima a participar nesta escola, “unha iniciativa que estreamos con éxito logo de que Silleda convertírase en sede do equipo filial do Obradoiro CAB”, indica lembrando que o conxunto Obradoiro Silleda volverá a disputar os encontros como conxunto local no pavillón César González Fares.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial