Escola de Familia no Concello de Silleda

0

Silleda, 12 de marzo do 2019 – O Concello de Silleda pon en marcha a partir deste mércores día 13 a Escola de Familia, un proxecto que se retoma dende o departamento de Educación Social e que busca converterse nun espazo de formación e apoio para pais.

As sesións da Escola de Familia, que se diferenciarán segundo a idade dos nenos/as, estarán dirixidas por Leticia del Valle, coach familiar e fundadora de Nous Eduka.

A primeira das sesións, baixo o lema Estilos educativos, terá lugar este mércores (de 20:00 a 21:30 horas) , na Casa da Cultura de Silleda, para os responsables de de cativos de 12 a 17 anos.  O sábado 30 de marzo a cita ira dirixida a responsables de fillos de 0 a 11 anos, baixo o lema Construíndo identidade, (de 11:00 a 12:30 horas).

O mércores 24 de abril, tamén en horario de tarde celebrarase a segunda cita para familias de adolescentes, co título Ferramentas de comunicación intrafamiliar e xa por último o 4 de maio, a quenda será de novo para as familias de nenos/as de 0 a 11 anos, sobre cómo descifrar o comportamento infantil (en horario de mañá). Todas as sesións terán lugar na Casa da Cultura de Silleda.

O obxectivo deste proxecto educativo consiste en proporcionar aos proxenitores ferramentas e recursos que lles permitan facer fronte aos problemas cotiás cos seus fillos /as.

A través de técnicas de coaching educativo, dinámicas grupais e asesoramento educativo por parte facilitador, os pais e nais que asistan ás sesións profundizarán nun tipo de educación que nos ensina   ensina habilidades de vida aos fillos dende o respetou mutuo, con métodos da chamada Disciplina Positiva. Esta baséase en principios como fomentar o sentido de comunidade, obter solución aos retos diarios, empoderar ás persoas ou pasar da idea á acción concreta.

“Queremos que os pais e nais teñan ferramentas para aprender a manexar situación diarias  e entender mellor os seus comportamentos”, engade a concelleira de Benestar Social e Eduación, Pili Peón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial