Este mes a matrícula da Escola de Música de A Baña é de balde

0

A Baña, 12 de setembro do 2017 – A Escola de Música de A Baña, dirixida por Ramón Leis e Moncho Ces, mantén aberto este mes o prazo de inscricións para todas aquelas persoas que desexen formarse en materia instrumental.

A matrícula na escola de música de A Baña será gratuíta este mes e haberá descontos para o segundo irmán que se anote. Entre os instrumentos que se ofertan atópanse piano, guitarra, batería, saxofón, acordeón, frauta, trompeta ou trombón, entre outros. Tamén impártese teoría do solfexo do grao elemental e preparación para acceder ao grao profesional.

As clases comezarán en outubro e xa se está traballando nos horarios. A dirección da Escola adianta que todas aquelas persoas interesadas en anotarse este ano ás actividades que se ofertan están convidadas a unha reunión informativa o vindeiro luns 25 de setembro, ás 19:00 horas, nas instalacións da Escola de Música de A Baña, Nesta reunión estarán presentes ademais dos directores e profesorado, o alcalde Andrés García Cardeso e a concelleira de Educación e Cultura Alicia Blanco Sande.

O pasado curso a Escola de Musica de A Baña contou con 46 alumnos e alumnas e organizou ao longo do ano tres festivais: o Festival de Nadal, o Festival de Primavera (que se celebrou por primeira vez) e o Festival de Fin de Curso.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies