Denuncian a privatización da Escola de Música de Ames

0

Ames, 2 de novembro do 2017 – O Partido Popular de Ames denuncia que o goberno local privatiza a Escola Municipal de Música de Ames de presa e correndo e de xeito pouco transparente.

Un concerto dos alumnos  da Escola Municipal de Música de Ames

Concerto dos alumnos da Escola Municipal de Música de Ames

O conflito coa Escola de Música de Ames é un tema que volve a actualidade cada ano pero máis aínda coa posta en marcha da modificación da Relación de Postos de Traballo do concello da que os profesores quedaron fora. Esa exclusión levou a demandas laborais por parte de sete dos mestres da escola contra o concello. A EMMA, como se coñece a escola, tiña tamén un problema co contrato do local onte estaba situada que tivo que ser resolto antes do inicio do curso.

O Partido Popular  explica que cando xa estaban matriculados os alumnos o goberno local da os primeiros pasos para a privatización. Según o PP “dous son as escusas utilizadas polo Tripartito para xustificar a privatización da Escola de Música. Por unha banda está a necesidade de agardar a que se resolvan as correspondentes reclamacións e demandas laborais; cuestión que, como ben sabe o propio Tripartito, dilatarase no tempo, tendo en conta o colapso nos xulgados do Social de Santiago (o atasco é tal que fai que o atraso nalgúns casos sexa de máis de dous anos).  Doutra banda, o Tripartito utiliza como desculpa uns informes que, basicamente, non din nada distinto do resto de informes que existían ata agora”.

Para os populares a privatización da escola Municipal de Música de Ames “é pouco  transparente, realizada da noite para a mañá, e sobre as que expoñen diversas cuestións que terán que ser explicadas polo propio concelleiro do BNG David Santomil”. O grupo popular plantexa na nota de prensa enviada aos medios varias preguntas “¿Como é posible que o informe-proposta asinado polo propio concelleiro teña data do 22 de setembro e o contrato comece xa o dous de outubro; é dicir, que pasasen tan só cinco días hábiles entre a proposta do Concelleiro e o comezo do servizo?¿Como é posible que ademais se presuma de transparencia cando se convidan a tres empresas e renuncian dúas, adxudicándose o contrato á única que queda? ¿Como é posible que o primeiro contrato para a xestión dá Escola Municipal de Música, por un importe de 14.897€?, teña só unha duración dun mes, desde o dous de outubro ata o dous de novembro, e téñase que iniciar, de présa e correndo a licitación doutro? “.

O PP de Ames engade a estas denuncias o feito de que “esta forma de actuar deu orixe a unha modificación de crédito duns orzamentos que levan vixentes pouco máis de tres meses. Unha de dúas: ou o Tripartito improvisou cando fixeron os orzamentos, e por iso non estaba contemplada esta situación; ou o Goberno local estivo a manipular a situación ata o último momento co obxectivo de que pasase desapercibida”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies