займ срочно

Os traballadores da Escola de Música de Santiago convocan folga indefinida

0

Compostela, 9 de maio do 2018 –  Os traballadores da Escola Municipal de Música de Santiago convocan unha folga indefinida a partir do luns 21 se non se garanten os postos de cara o vindeiro curso.

A convocatoria de folga prodúcese despois do peche no concello de Santiago que tivo lugar este martes pola maña. A apertura das propostas para xestionar a Escola daba como gañadora a unha empresa que na oferta non incluía a subrogación do persoal o que tería como consecuencia a perda dos postos de traballo, Rubén Fernández é secretario comarcal de CIG-ensino

O sindicalistas explica que o peche rematou as tres da tarde despois de que foran recibidos polo alcalde, Martiño Noriega, aínda que decidiron suspender os concertos “música e movemento” previstos para as tardes de onte e hoxe

Os traballadores reuniranse novamente o próximo mércores con Martiño Noriega que falara coa empresa para coñecer cales son as súas intencións

Son 24 traballadores os que se verían afectados pola non subrogación, en algúns caso cunha antigüidade de 15 anos. Desde CIG Ensino agardan que o concello atope unha solución que permita desbloquear o conflito a maior brevidade posible.

Imaxe do peche no concello de Santiago

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies