займ срочно

A Escola Infantil A Madalena, en Ames, chega aos 5 positivos por Covid

0

Bisbarra, 13 de outubro do 2020 – A incidencia do Covid nos centros educativos  segue en aumenta na Área Sanitaria Santiago Barbanza e chegou aos 58 casos o sábado pasado.

O caso máis preocupantes é o da Escola Infantil da Madalena no Milladoiro, Ames, que ten cinco positivos por Covid e mantén dúas aulas pechadas. Son os últimos datos pola Consellería de Sanidade e corresponden ao pasado sábado.

A da Madalena é a que máis positivos ten na Área Sanitaria pero a seguen o Colexio de Ventín, en Ames, e La Salle e Cluny en Santiago, todos con 4 positivos e sen aulas pechadas. Con 3 casos está a infantil de Salgueiriños, tamén en Santiago, e cunha aula pechada.

Ademais de estes centros as Escolas Infantís Pontiñas de Lalín e municipal de Ribeira teñen un só positivo cada unha, pero teñen un aula pechada, e en Santiago o CEIP Lamas de Abad ten só 2 positivos pero ten tamén unha aula pechada.

A Escola Infantil A Madalena, en Ames, chega aos 5 positivos por Covid

Escola infantil da Madalena en Ames

Cifras en aumento

O casos de positivos por Covid na Área Sanitaria seguen crecendo e pasaron de 545 activos o pasado día 8, a 581 o pasado sábado e 597 o domingo.

A bisbarra

Na bisbarra de Compostela o caso máis preocupante, ademais de Santiago, é o de Ames que tiña como última cifra recoñecida 83 casos polo que si situaba xunto a Capital como os únicos concellos en alerta vermella.

Do resto a peor situación sería a de Porto do Son que está en nivel 2, entre 14 e 20 positivos acumulados nos últimos sete días, e Muros, Rianxo, e Ribeira con nivel 1, entre sete e catorce casos acumulados nos últimos sete días.

O resto da bisbarra estaría en verde xa que os casos acumulados na última semana non chegarían aos 7 que marcan o inicio do nivel 1.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies